xoves, 21 abr 2005
O consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Parcial de Navia grazas aos votos a prol do PP e ás abstencións de PSOE e BNG, que bastaron para sacar adiante o punto pese ao voto en contra do Partido Galeguista.
mércores, 20 abr 2005
Corina Porro reuniuse coa presidenta da Federación de Asociacións de Veciños, Helena González. Tralo encontro, ambas manifestaron a súa opinión de que Vigo necesita un novo Plan Xeral.
xoves, 14 abr 2005
O Concello de Vigo descoñece se o Ministerio de Fomento elaborou xa o estudo informativo da nova autovía Vigo-O Porriño, unha obra considerada prioritaria por todos os grupos políticos. A alcaldesa, Corina Porro, cualificou esta situación de "triste".
martes, 12 abr 2005
Tras rexeitar o novo PXOM, a segunda alternativa que lles deu o Concello e mesmo a idea de deixalo todo como estaba no plan do 93, José Manuel Figueroa pensa que son os veciños de Teis os que teñen agora que presentar unha alternativa. O concelleiro tamén explicou que a ampliación da Matamá para o crecemento de Citroën é unha prioridade.
xoves, 7 abr 2005
A alcaldesa, Corina Porro, asegurou durante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que o goberno local "está dando todos os pasos" para que non se constrúa o edificio proxectado no paseo de Alfonso e que está a suscitar a protestas veciñais por tapar a vista da ría.
mércores, 6 abr 2005
Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 07 de abril de 2005, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da referida relación.
xoves, 31 mar 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo decidiu aprobar, entre outras medidas, o informe técnico e xurídico de AENA sobre o Plan Especial do Sistema Xeral Aeroportuario, así como senllas mocións do PsdeG-PSOE e do BNG.