xoves, 3 abr 2003
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou definitivamente o proxecto de construcción dun paso soterrado de vehículos na Travesía de Vigo (intersección coa rúa Aragón). Este paso inferior será financiado pola entidade mercantil Carrefour, en cumprimento dun convenio asinado co Concello.
xoves, 3 abr 2003
O Concello aprobou as bases da VIII edición dos Premios de Arquitectura e Urbanismo Irmáns Gómez Román, correspondente aos anos 2001-2002. Os galardóns concederanse con periodicidade bianual, tal e como recomendou o xurado da última edición, para permitir así unha maior participación.
xoves, 3 abr 2003
O Concello de Vigo vai presentar unha querela contra os propietarios do inmoble sito na rúa López de Neira número 6, pola presunta comisión dun delicto de desobediencia á autoridade. Estes propietarios ignoraron de forma reiterada as ordes de proceder á execución de obras para restablecer a habitabilidade e conservación do edificio.
mércores, 2 abr 2003
O Consello reunese o xoves día 3 de abril a partir das dez da mañá no edificio da Xerencia de Urbanismo.
venres, 21 mar 2003
O documento asinado recolle as características da nova ordenación urbanística da parcela que ocupaba a antiga factoría de Cordelerías.
xoves, 20 mar 2003
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de obras para a urbanización do treito superior da rúa Juan Ramón Jiménez, o comprendido entre Marqués de Valterra e Conde de Torrecedeira. Trátase dun lugar rodeado de edificacións, con forte desnivel e que actualmente está ocupado por un gran montículo de terra. Na zona construirase un xardín e unhas escaleiras que salvarán a diferencia de cota entre Torrecedeira e Marqués de Valterra.
xoves, 13 mar 2003
O acordo posibilita a construcción do paso soterrado no cruce da Travesía coa rúa Aragón
mércores, 12 mar 2003
As dúas institucións impulsarán a remodelación do barrio aproveitando que son as propietarias do 22% da superficie.