Concello e Federación de Veciños acordan habilitar un período de dous meses para a exposición do PXOM
Representantes do Concello e da Federación de Veciños reuníronse hoxe para discutir sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado no pleno do pasado 30 de decembro. No encontro acordouse habilitar un período de exposición de dous meses para que os afectados poidan informarse e presentar alegacións.
Representantes do Concello e da Federación de Veciños mantiveron hoxe unha reunión para tratar sobre a aplicación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que foi aprobado no pleno do pasado 30 de decembro. No encontro acordouse habilitar un período de exposición do PXOM que vai do 1 de febreiro ao 31 de marzo. Así, os interesados poderán informarse na Casa Galega da Cultura e no número 60 da rúa Ecuador. Ademais, o PXOM será colgado en Internet, repartiranse DVD’s informativos e haberá exposicións do Plan por parroquias e a colectivos afectados.
Neste período de dous meses poderanse facer as alegacións que se estimen necesarias. A este respecto, Elena González anunciou que a Federación de Veciños presentará as alegacións oportunas. Despois do período de exposición do PXOM, os meses de abril e maio servirán para resolver e corrixir as alegacións. A finais de maio ou principios de xuño o PXOM será remitido á Xunta de Galicia, institución que previsiblemente aprobará o Plan en agosto.
Á saída da reunión coa Federación de Veciños, o concelleiro de Urbanismo dixo que o Concello lles dará aos cidadáns "toda a información dispoñible", e engadiu que "o máis importante é a transparencia". Pola súa banda, a representante da Federación de Veciños, Elena González, afirmou que "non nos parece suficiente o prazo de alegacións". Ademais, Elena González achacou os incidentes ocorridos no pleno do 30 de decembro a que "se cadra non houbo suficiente información".
Descargar todas as imaxes