Os orzamentos 2005 diminúen os gastos non productivos e reforzan as inversións e o contido social
A Xunta de Goberno Local tivo na aprobación dos orzamentos o asunto prioritario do día. Uns orzamentos calificados polo concelleiro Javier Guerra de "austeros, audaces e de alto contido social".
O asunto principal da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe no Concello de Vigo foi a aprobación do proxecto do Presuposto municipal para 2005. O novo orzamento caracterízase, segundo explicou o concelleiro Javier Guerra, pola súa austeridade, audacia e alto contido social. Austeridade porque reduce os gastos non productivos, como Publicidade, Protocolo e Representación, que se ven diminuídos nun 50% respecto ao último orzamento. Redúcense así mesmo outras partidas que responden a unha reorganización interna, como poden ser Información, Rexistro, Patrimonio e Contratación, orzamentos que non teñen repercusión no benestar dos cidadáns.
No capítulo 2, Javier Guerra destacou a ampliación dos contratos e prestacións que o Concello mantén, como por exemplo no coidado de parques e xardíns o no mantemento de túneles. Respecto ao alto contido social, os orzamentos 2005 aumentan as partidas destinadas a Benestar Social nun 29%, e un 27% en Educación. Tamén aumentan os orzamentos destinados a Deportes (140%), ao IMD (25%) e a coidado e limpeza das praias (114%).
O capítulo de Inversións Reais e Transferencias suma un total de 20,5 millóns de euros, cun crecemento das inversións dun 11%. O concelleiro Javier Guerra resaltou que esta inversión non se financia na totalidade mediante créditos, senón reducindo outro tipo de gastos correntes. Entre as principais inversións, Javier Guerra destacou o Palacio de Congresos (2,5 millóns de euros), Vigo 2005 (1,5 millóns de euros), a humanización da Travesía de Vigo (800.000 euros), a construcción de piscinas municipais en Coia y Valladares, melloras dos accesos ás praias...
As inversións dos orzamentos 2005 prevén tamén a cancelación da parte da débeda restante dos trece millóns de euros contraída con provedores en anteriores lexislaturas. Desta maneira, o Concello quedaría en paz con tódolos seus provedores.
O concelleiro José Manuel Figueroa anunciou tamén que coa aprobación dos presupostos poderanse iniciar as obras de humanización previstas no entorno de Urzaiz. Como datas, o concelleiro adiantou que as actuacións nas rúas Colón e Manuel Núñez poderían comezar en marzo ou abril.
Descargar todas as imaxes