Escoitar

A Biblioteca Municipal ten lista a súa programación de xaneiro

O programa continúa coas actividades do ano pasado destacando o novo curso de escrita creativa para adultos.

luns, 10 xan 2005
A Biblioteca Central abre o mes de xaneiro cun completo programa de actividades que ven a continuar o que viñan desenrolando durante o ano pasado. O luns terá lugar o obradoiro de escrita en galego ás 11:00h. para colexios e rapaces de mais de 11 anos. É necesario pedir cita previa.

Os martes, mércores e xoves, entre as 10-12h, terán lugar as visitas escolares. Este mes o cupo de peticións xa se completou.

Os mércores terán lugar diferentes e variadas actividades:

- Cursos de formación de usuarios (ensinamoste a quitarlle ó máximo proveito á Biblioteca.…)

- Visitas guiadas pola biblioteca onde se amosa o edificio e as distintas salas e seccións.

- Clube de lectura (17-18 h.)

- Ás 18:00h na Sala de Conferencias e ata completar aforo: Cineclube "Toliños polo cinema" coa proxección das seguintes películas:

Día 12 "Roma, citta aperta"/Roberto Rosellini (V.O.S.)
Día 19 "El hombre tranquilo"/ Jonh Ford
Día 26 "Sin perdón"/Clint Eastwood

- Escrita creativa para adultos en galego: Ás 18:30. ¡Pérdelle o medo ao galego, rompe tabús, e desfruta da nosa língoa!

Os sábados continúase coa actividade "Os sábados conto", que ten lugar ás 11:00h. na Biblioteca infantil co seguinte programa:

Día 15 "¿Dónde está mi tesoro?" de Gabriela Keselman
Día 22 "Caperucita Roja y el lobo" de Roald Dahl
Día 29 "La gruta del pirata" lenda mallorquina
"El barco fantasma" lenda do Amazonas.
"Cara de madera" de Jean François Collinot