A nova rolda de exposicións da Casa da Xuventude ábresde cos traballos dos estudantes do I.E.S. Politécnico
Co comezo de 2005, a Casa da Xuventude ofrece unha nova rolda de exposicións artísticas que se prolongará ata o mes de abril. Para principiar o ano, a súa sala de exposicións acollerá, a partir do 11 de xaneiro, os traballos dos estudantes do I.E.S. Politécnico.
Comezado o ano 2005, e despois das vacacións escolares, temos a oportunidade de gozar de novo das mostras que realizan na Casa da Xuventude. Nesta rolda que abrangue ata ben entrado o mes de abril, poderemos contemplar traballos realizados polos estudiantes de bacharelato artístico, así como a pintura de Rubén Ledo e Juli Molares, os debuxos e óleos de Gala Fernández e Juan Carlos Enseñat, e as fotografías que amosan as tarefas realizadas por Médicos do Mundo e Fundación Cume en sete mostras diferentes.
A primeira das mostras comeza xa mañá martes día 11 de xaneiro ás 19:30 na sala de exposicións da Casa da Xuventude e nela se amosan os traballos realizados polos estudantes do I. E. S. Politécnico, na opción de bacharelato artístico. As obras son as realizadas polos alumnos e alumnas durante o primeiro trimestre do curso escolar e resumen o avance e os progresos destes estudantes no seu contacto co mundo artístico académico. Entre outras facetas, poderemos ver obras en debuxo, collages, simetrías, esculturas, escritos, maquetas e moitas máis.
As obras poden contemplarse ata o mesmo venres 21 de xaneiro de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.