mércores, 12 xaneiro 2005

O Concello asina convenios con diferentes entidades para a integración de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas

A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares, asinou esta mañá varios convenios de colaboración con diferentes entidades e organismos que traballan na acollida e integración social de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas. Grazas a estes convenios, 15 persoas desempregadas que se están a formar no Proxecto Alicerce realizarán as súas prácticas profesionais.

Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 12 xan 2005

Convócase o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo para sesión ordinaria na sala de reunións da sede da Xerencia, o día 13 de xaneiro de 2005, ás 9,30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda, para tratar os asuntos da referida relación.