Nace en Vigo a primeira liga de improvisación das artes escénicas
Trátase dunha competición de teatro deportivo entre dez equipos de xóvenes actores que compiten entre sí en combates de improvisación. Comeza o 21 de xaneiro e o 26 de febreiro poderase ver a gran final entre os dous mellores equipos de improvisación teatral da cidade.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe a LIXA ou Liga de Improvisación de Xóvenes Afeccionados, un proxecto único en Galicia e punteiro, creado pola concellería de Xuventude dende o seu programa "Súbete ao Castro".
A LIXA é unha competición de teatro deportivo onde equipos de xóvenes actores e actrices da cidade enfróntanse entre sí en combates de improvisación. Esto é un novo xeito de facer teatro: o espectáculo como deporte. Onde o único que conta é a creatividade, a imaxinación e o traballo de equipo.
Nos combates de improvisación enfróntanse dous equipos de seis actores nun escenario delimitado a modo de ring de boxeo. Os participantes terán que preparar en 20 segundos unha improvisación a partir dun tema proposto polo público. O mesmo público decidirá o gañador do combate votando por aquel que o faga mellor.
Participantes
Nesta iniciativa participan mozos e mozas de 13 a 31 anos agrupados en equipos de seis xogadores como mínimo. A primeira Liga estará formada por dez equipos de mozos e mozas procedentes dos institutos de educación secundaria como o IES Castelao, Álvaro Cunqueiro e IES de Teis; asociacións veciñais como a AV de Cabral; dos centros culturais, como a CRAC de Coruxo e, por suposto, da Escola Municipal de Teatro. En total preto de 80 xóvenes compiten na LIXA, celebrándose os espectáculos nas propias instalacións dos centros.
A presentación oficial da LIXA terá lugar o 19 de xaneiro no Auditorio do Concello. Neste acto celebrarase o sorteo dos encontros e contarase coa actuación do grupo "Lohengrin" que fará un espectáculo de improvisación. A liga arranca o 21 de xaneiro coa disputa dos primeiros combates e seguirá tódolos venres no serán ata o 18 de febreiro. O día 26 concluirá a primeira LIXA cun combate final entre os dous mellores equipos da cidade.
Descargar todas as imaxes