Turismo de Vigo participa en seis feiras internacionais e doce nacionais
A Concellería de Turismo aprobou o seu calendario feiral para o ano 2005, incrementando a súa presencia promocional tanto a nivel nacional como internacional.
A Concellería de Turismo, que dirixe a concelleira Lucía Molares, aprobou o calendario feiral para o ano 2005, incrementando o número de feiras e eventos nos que estará presente a cidade.
Turismo de Vigo fará un notable esforzo promocional de carácter internacional, centrándose no mercado portugués, británico, alemán, francés e italiano. Así mesmo a Concellería estará presente nos salóns naúticos máis importantes do mundo, co obxectivo de dar a coñecer a cidade co gallo da celebración da Volvo Ocean Race.
O calendario feiral comezará o vindeiro día 15 de xaneiro, coa participación de Turismo de Vigo na BOOT de Düsseldorf, un dos salóns náuticos máis importantes do mundo, que se celebrará do 15 ao 23 de xaneiro nesta cidade alemana. Turismo de Vigo asistirá cun stand propio, dentro do Pavillón de Turespaña, a esta feira que o ano pasado ocupou unha superficie de 215.000m2, con máis de 1.600 expositores e un total de 320.000 visitantes.
A continuación a cidade estará presente na Bolsa de Turismo de Lisboa, que se desenvolverá do 19 ó 23 de xaneiro no Parque das Nacións. Turismo de Vigo aproveitará para presentar no mercado portugués a Volvo Ocean Race, así como toda a oferta turística da cidade. Esta feira acadou o ano pasado a cifra de 1200 expositores de máis de noventa países distintos.
Do 26 ao 30 de xaneiro, no Recinto Feiral Juan Carlos I, Turismo de Vigo estará presente na Feira Internacional de Turismo en Madrid (Fitur 2005), cun stand propio de 50 metros cadrados, onde se presentará a nova campaña promocional da cidade "Sinte a chamada".
Simultáneamente á celebración destes eventos, onde participará Turismo de Vigo coas súas campañas promocionais, a Concellería de Turismo tamén terá un stand promocional en Franquiatlántico, a feira das franquicias, que se desenvolverá no Recinto Feiral de Cotogrande do 21 ao 23 de xaneiro.
Por tanto, neste primeiro mes do ano, Turismo de Vigo estará presente en catro feiras, tres delas de carácter internacional. Para o resto do ano está prevista a asistencia no mes de febreiro á Copa do Mundo de Hípica e á BIT de Milán.
Pola súa parte, en marzo, a cidade promoverase en Vigo Náutica Internacional, no Salón de Turismo Internacional de Cataluña e na ITB de Berlín. En abril, Turismo de Vigo realizará unha xira cunha oficina de Turismo itinerante por 17 cidades españolas e portuguesas e estará presente no Salón do Automóbil de Vigo. No mes de agosto, a cidade promocionará os seus productos turísticos no Concurso de Saltos Internacional de Vigo.
Nos meses de outubro, novembro e decembro, Turismo de Vigo disporá dun stand promocional en eventos como Conxemar, Expogalaecia, Salón das Denominacións de Orixe, Salón Náutico de Barcelona, na World Travel Market de Londres e no Salón Náutico Internacional de París.