Corina Porro anunciou a creación dunha oficina de emigración no Concello trala súa entrevista co presidente de AIDA, Ibrahima Niang
O representante da Asociación para a Integración e o Desenrolo dos Africanos fixo un seguimento coa alcaldesa das actividades e reivindicacións do colectivo.
A alcaldesa Corina Porro entrevistouse hoxe co presidente da Asociación para a Integración e o Desenrolo dos Africanos (AIDA), Ibrahima Niang. O presidente desta asociación formada por uns 150 inmigrantes de orixe africana e residentes en Vigo, tratará de facer coa alcaldesa un seguimento das peticións que a asociación presentoulle con anterioridade ao Concello, encamiñadas á integración dos africanos na sociedade viguesa.
A entrevista resolveuse co compromiso da alcaldesa nunha boa parte das reivindicacións do colectivo, como é a creación dunha oficina de emigración na cidade, que emprazarase na pranta baixa do Concello anque terá funcións principalmente de asesoramento, a habilitación dun piso de acollida para os inmigrantes que cheguen á cidade sen recursos, a elaboración dun plan para a coordinación da venta ambulante e a creación de programas interculturales e programas formativos de acceso laboral para inmigrantes.
Descargar todas as imaxes