A Xunta de Goberno decide a non renovación da marca "Concello de Vigo"
A razón desta decisión é que o logotipo que protexe está en desuso dende hai anos.
A Xunta de Goberno Local, ademais do asunto dos orzamentos, tratou outros temas, como o vencemento e a proposta de non renovación da xestión de marcas "Concello de Vigo". A Xunta de Goberno considerou non procedente a renovación, que sería por dez anos máis, da xestión desta marca á empresa Asociados Pymark xa que protexe un escudo actualmente en desuso.
O logotipo consiste na denominación "Concello de Vigo" escrita en color negro, situada debaixo dun deseño modernista do símbolo da cidade. Á esquerda represéntase de forma esquemática un castelo cun tramo almenado, color vermello, prolongándose un trazo groso cara enriba que serve de tronco ao olivo, representándose a copa por un garabato sinuoso de cor verde. Na parte inferior dereita, un trazo groso, sinuoso, color azul representa ao mar. Este logotipo deixouse de utilizar hai tempo, polo que a Xunta resolveu a non renovación.
No apartado de Urbanismo a Xunta de Goberno tomou coñecemento do pase á vía de constrinximento das multas urbanísticas e da execución forzosa das cotas de urbanización dos propietarios morosos do Polígono 1 do Plan Parcial de Samil, fase 1, cos cargos legalmente esixibles.