O Concello asina convenios con diferentes entidades para a integración de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas
A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, Lucía Molares, asinou esta mañá varios convenios de colaboración con diferentes entidades e organismos que traballan na acollida e integración social de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas. Grazas a estes convenios, 15 persoas desempregadas que se están a formar no Proxecto Alicerce realizarán as súas prácticas profesionais.
A concelleira de Promoción Económica e Desenvolvemento Local do Concello de Vigo, Lucía Molares, asinou esta mañá varios convenios de colaboración con diferentes entidades e organismos que traballan na acollida e integración social de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas.
Grazas a estes convenios, 15 persoas desempregadas que se están a formar no Proxecto Alicerce no campo de Mediación Intercultural realizarán as súas prácticas profesionais. Estas prácticas, cunha duración de 200 horas, desenvolveranse desde o 18 de xaneiro ata o 30 de marzo de 2005 e o seu obxectivo é o contacto laboral das alumnas co sector no que se pretenden inserir.
As entidades coas que se asinarán os citados convenios de colaboración son: a Cruz Vermella, o Secretariado Xeneral Xitano, a Fundación Cume, os concellos de Mos e de Vilaboa, Comisións Obreiras, Confederación Intersindical Galega e a Dirección provincial do Ministerio de Traballo. Así mesmo tamén se realizarán prácticas na Oficina de atención a inmigrantes do propio Concello de Vigo. Lucía Molares agradeceu a "dispoñibilidade" destas entidades.
As prácticas forman parte dun itinerario formativo cunha duración de 580 horas no que se pretende que os participantes se formen profesionalmente para atender as necesidades de integración social das persoas que proveñan de diferentes culturas
O Proxecto Alicerce, que iniciou as súas actividades no mes de marzo 2004, é unha iniciativa promovida pola Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo que conta cunha axuda económica de 800.000 euros no marco da Subvención Global do Fondo Social Europeo. O proxecto pretende reforzar os servizos de atención a persoas no Concello de Vigo a través da cualificación de desempregados nos campos de mediación intercultural, adiccións e conductas de risco, animación en terceira idade e discapacidade, así como formar e acompañar no deseño e posta en marcha de proxectos empresariais.
Descargar todas as imaxes