O Consello da Xerencia resolve convalidar os gastos de información pública do PXOM
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo resolveu convalidar os gastos da información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), por un importe total de 231.531,67 euros.
Concretamente, o acordo do Consello da Xerencia aproba a indemnización substitutiva e recoñece a obriga a favor de Anónimo Publicidad, Fábrica de Casas de Madeira, Rosa Mª Rodríguez Vilaboa ("Innventa"), Acción Anuncios e Continuo Print, convalidando as actuacións realizadas en relación cos traballos de información pública do PXOM. O importe da suma das correspondentes facturas ascende a 231.531,67 euros.
Tamén dentro dos asuntos nos que o Consello ten competencia resolutiva, procedeuse a acordar tres resolucións de expediente de restauración da legalidade urbanística alterada. A primeira destas declara realizadas sen licenza e incompatibles coa ordenación urbanística vixente as obras executadas na rúa Redondo, nº 23, en Navia. Estas obras, que deberán ser derrubadas, consisten na construcción dunha galería pechada a nivel de planta primeira duns 4,8 metros cadrados, onde antes había un balcón.
A seguinte resolución refírese ás obras executadas na rúa Bouzo, nº 24, en Oia, consitentes na construcción dunha edificación que consta, polo de agora, de soto e planta baixa cunha superficie aproximada de 114 metros cadrados por planta para usar, probablemente, como vivenda. Como no caso anterior, estas obras decláranse realizadas sen licenza e incompatibles coa ordenación urbanística e deberán ser derrubadas no prazo de un mes desde a notificación deste acordo ao seu propietario.
A terceira resolución declara realizadas sen axustarse á licenza concedida as obras da rúa San Roque, nº 86-6ºB, consistentes na adición dunha planta máis na edificación cunha superficie aproximada de 99 metros cadrados. Segundo este acordo, o propietario deberá proceder voluntariamente ao axuste á licenza das obras e derrubar, por tanto, as obras non amparadas por esta.
Por outra banda, o Consello da Xerencia decidiu proporlle á Xunta de Goberno Local a recepción das obras de urbanización da rúa entre Portela e Fontáns. A proposta adoptouse por unanimidade á vista dos informes feitos polo enxeñeiro técnico da oficina do servizo de vías e obras e polo enxeñeiro técnico de obras públicas da oficina de planeamento.
Descargar todas as imaxes