luns, 16 mai 2005
Con motivo do día das letras galegas o Concello de Vigo publica un bando que foi redactado polo alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive, Benito Pérez González. Nel destaca a creación do Consello Social da Lingua Galega por parte do Concello e aboga por seguir mantendo un compromiso coa lingua impulsando o uso do galego entre a cidadanía.
luns, 16 mai 2005
A programación coa que se celebra o Día Internacional do Museo inclúe xornadas de portas abertas en varios centros, así como obradoiros, charlas-coloquios e outras actividades.
luns, 16 mai 2005
A cidade verá incrementadas as súas prazas de aparcamento nunhas 3.000, das que o 20 por cen estarán reservadas aos residentes. A Xunta de Goberno aprobou tamén o convenio coa Agrupación de centros deportivos e culturais para a realización de dúas actividades.
luns, 16 mai 2005
O departamento de Tráfico ten previsto realizar traballos de sinalización horizontal en 29 rúas da cidade.Os traballos comezarán o mércores 18 de maio e está previsto que rematen o 15 de xuño.
luns, 16 mai 2005
Mil seiscentos cincuenta nenos e nenas e 54 entidades deportivas, educativas e asociativas participarán na VIII Festa Día do Patín, que se desenvolverá no pavillón central das Travesas. O acto de clausura contará coa presenza da concelleira de Deportes, Lucía Molares.