Núñez Feijóo presenta unha proposta de "solución definitiva" ás comunicacións entre Vigo, O Morrazo e Pontevedra
A Xunta vaille propor ao Ministerio de Fomento converter a autoestrada do Atlántico entre Vigo, O Morrazo e Pontevedra en autovía libre de peaxe e executar a estrada Vigo-Pontevedra, comprometida no Plan Galicia, como autoestrada con tarifa plana.
O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe en Vigo, acompañado da alcaldesa, Corina Porro, unha proposta de solución definitiva ás comunicacións entre a nosa cidade, O Morrazo e Pontevedra. A presentación desta proposta foi apoiada, ademais, coa presenza do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e do alcalde de Cangas, Enrique Sotelo.
A intención da Xunta de Galicia é converter a autoestrada do Atlántico Vigo-O Morrazo-Pontevedra en autovía libre de peaxe e executar a estrada Vigo-Pontevedra, comprometida no Plan Galicia, como autoestrada con tarifa plana. Alberto Núñez Feijóo, que cualificou de "insuficiente" a rede viaria actual, afirmou que esta actuación suporá unha "solución completa" para as persoas que cruzan a ponte de Rande.
O vicepresidente primeiro da Xunta situou no 2010 a finalización da nova autoestrada do interior entre Pontevedra e Vigo. Segundo Alberto Núñez Feijóo, a proposta presentada hoxe é viable "económica, financeira e legalmente", polo que será elevada ao Ministerio de Fomento.
Neste sentido, Corina Porro dixo que "é necesaria a coordinación entre as institucións", xa que o crecemento económico da área ve Vigo "debe acompañarse de instrumentos para que dure".
De acordo coa proposta da Xunta, en 2010 a autoestrada do Atlántico, entre Pontevedra e O Morrazo e Vigo e Puxeiros, converteríase nunha autovía. Ademais, entrarían en funcionamento a autoestrada entre Pontevedra (Alba) e Vigo (Peinador), así como outra nova actuación, a autovía entre Ventosela e Ponteareas.
Segundo a Consellería, con esta proposta conséguese liberar de peaxe a autoestrada do Atlántico ente Vigo, O Morrazo e Pontevedra. Tamén se logra construír unha autoestada interior entre Vigo e Pontevedra, conforme á infraestructura prevista no Plan Galicia. Por último, diminúese a peaxe futura da autoestrada interior entre Vigo e Pontevedra ata conseguir unha tarifa plana. O custo da actuación postulada pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda rolda os 600 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes