mércores, 18 mai 2005
O próximo sábado 21 de maio, grazas ao apoio da Concellaría de Festas e de diversas entidades de Vigo, volverase celebrar a Batalla das Flores. Cunha achega municipal duns 75.000 euros, o festexo encherá de pétalos, confeti, serpentinas e música o centro da cidade.
mércores, 18 mai 2005
Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Arquivo Pacheco celebrará unha xornada de portas abertas na que se poderán visitar lugares aos que habitualmente non se pode acceder. Outros museos, como a Fundación Laxeiro e o Museo Quiñones de León terán tamén actividades especiais nesta xornada.
mércores, 18 mai 2005
A conferencia inaugural do ciclo "Polos mares de Galicia", que o xoves 19 de maio será impartida polo profesor da Universidade de Vigo Emilio Fernández, versará sobre o mar como orixe da vida, fonte de recursos, e sobre todo, como un ecosistema enormemente rico en biodiversidade.
mércores, 18 mai 2005
As participantes do proxecto Alicerce na segunda edición do curso de "Animación en terceira idade e discapacidade", comenzarán este mes as 40 horas de prácticas profesionais. O obxectivo destas prácticas e o contacto laboral co sector no que se pretenden insertar, así como fomentar pautas de traballo necesarias para unha boa execución laboral.
mércores, 18 mai 2005
Unha informadora turística da Concellería de Turismo estivo a pe de barco informando aos cruceiristas dos distintos recursos turísticos de que dispón Vigo, realizando máis de 75 consultas persoais; tamén se lle ofreceu aos turistas que viaxaban a bordo dos distintos cruceiros a posibilidade de viaxar no bus turístico, que recolleu aos cruceiristas no propio peirao.