O mar como fonte de recursos centrará a primeira conferencia do ciclo "Polos mares de Galicia" a cargo do experto en investigacións mariñas Emilio Fernández
A conferencia inaugural do ciclo "Polos mares de Galicia", que o xoves 19 de maio será impartida polo profesor da Universidade de Vigo Emilio Fernández, versará sobre o mar como orixe da vida, fonte de recursos, e sobre todo, como un ecosistema enormemente rico en biodiversidade.
Na primeira conferencia do ciclo, que comezará ás 20.00 horas no salón de actos da Casa Galega da Cultura e será presentada polo concelleiro de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves Castro, o investigador Fernández Suárez fará un achegamento xenérico ao mundo do mar, no sentido máis extenso do concepto: o mar como fonte de vida, o mar como ecosistema rico en biodiversidade e a difícil situación dun equilibrio ecolóxico atacado permanentemente pola acción dos homes.
Así, o vicedecano da Facultade de Ciencias do Mar explicará cómo a vida apareceu nunha fase moi temprana da historia do noso planeta. De feito, as evidencias científicas apuntan a que foi no medio acuático e, en particular no océano, onde desenvolveuse en primeiro lugar.
Durante case dous mil millóns de anos, a vida permaneceu restrinxida a este medio ata que hai uns 500 millóns de anos, ésta coloniza a terra. Neste senso, Emilio Fernández comentará como a estreita relación entre vida e medio acuático non é allea ás atípicas propiedades da molécula da auga.
Ademáis, na súa intervención porá de manifesto como ao longo dos últimos 3.700 millóns de anos, a vida tense diversificado e colonizado ambientes mariños de moi diferentes características en todas as latitudes.
Así, a vida no mar desenvólvese, principalmente, en dous tipos de ambientes ben definidos: o medio bentónico, fixado ao substrato rochoso ou sedimentario, e o medio peláxico, o que ocupa a columna da auga.
Malia que as características destes medios teñen variado e varían de forma natural, dende o comezo da Revolución Industrial, e como froito da masiva emisión de gases de efecto invernadoiro, a acción humana está modificando o medio ambiente do planeta, incluídos os océanos.
Na conferencia, Fernández Suárez revisará algunhas evidencias que demostran os cambios drásticos a que están sometidos os océanos na actualidade e presentará estudos que predicen a resposta dalgúns ecosistemas mariños ante un escenario de calentamento do planeta.
Na súa longa traxectoria como un dos investigadores mariños con maior recoñecemento internacional, o conferenciante ten realizado campañas en buques oceanográficos e de investigación e como experto en ecoloxía mariña, ten participado nos consellos editoriais de diferentes publicacións científicas.
Así, é o representante español no comité executivo do "Scientific Comittee for Oceanographic Research" (SCOR), coordinador do grupo de traballo "SOLAS-España" (Surface Ocean Lower Atmosphere Interaction), membro do Comité Español de Investigación do Cambio Global (CEICAG) constituído polo Ministerio de Educación e Ciencia no 2004, membro do consello editorial da publicación "Journal of Plankton Research", de Oxford University Press e membro do comité editorial da revista de divulgación científica "BioJournal.net" (www.biojournal.net).
Así mesmo, ten participado nos comités científicos de diversos congresos e simposios: foi presidente do Comité Científico de la Euroconferencia "Oceanography, Meteorology and Marine Resources" , celebrado en Vigo no 2000, foi membro do comité científico do "III Simposium del Margen Continental Ibérico", que tivo lugar na localidade portuguesa de Faro no 2001, e dos comités organizador e científico do "IV Simposium del Margen Continental Ibérico", que desenvolveuse en Vigo no 2003.
"Polos mares de Galicia", terceira edición do ciclo iniciado no 2004 "Ámbitos de Galicia", é un programa promovido e organizado Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Vigo, pero tamén conta coa colaboración da Universidade de Vigo e da Fundación Caixa Galicia.
Precisamente, para facilitar a participación dos estudantes nesta actividade, a asistencia ás conferencias será convalidada pola Comisón de Docencia e Validación da Facultade de Ciencias do Mar por un crédito de libre configuración. Ademáis, a matrícula é gratuíta e pode realizarse no decanato desta Facultade, situada no campus universitario vigués.