Escoitar

Turismo atendeu no día festivo a máis de 370 cruceiristas a través dos distintos servizos turísticos

Unha informadora turística da Concellería de Turismo estivo a pe de barco informando aos cruceiristas dos distintos recursos turísticos de que dispón Vigo, realizando máis de 75 consultas persoais; tamén se lle ofreceu aos turistas que viaxaban a bordo dos distintos cruceiros a posibilidade de viaxar no bus turístico, que recolleu aos cruceiristas no propio peirao.

mércores, 18 mai 2005
1116420877cruceros.jpeg
De feito, 123 cruceiristas decidiron utilizar o bus turístico para recorrer a cidade durante dúas horas. O bus turístico realizou dous itinerarios, con saídas ás 10.00h. e ás 12.00h. A oficina de Turismo tamén permaneceu aberta durante todo a ponte, incluído o día festivo de onte, para atender a demanda de información dos turistas que se acercaron a Vigo. A oficina abriu en horario de 10 a 14 e de 16.30h. a 20.00h. No día de onte foron atendidas polas informadoras turísticas da devandita oficina 125 persoas.

Turismo de Vigo tamén tivo en funcionamento durante toda a ponte o programa de visitas guiadas gratuítas "VIGO EN RUTA", que ofrece aos visitante a posibilidade de elixir entre dous itinerarios distintos para coñecer a cidade, "100 minutos de cultura" e 100 minutos de mar", acompañados polos técnicos en turismo que lles explican con detalle todos os recursos monumentais, patrimoniais e culturais ao longo da ruta. Concretamente, na mañá de onte un grupo de 50 cruceiristas fixeron uso deste servicio.

Vigo presenta a oferta turística en cinco cidades españolas e tres portuguesas

A concellería de Turismo percorreu desde o día 10 de maio cinco cidades españolas cunha nova oficina de turismo itinerante, emprazándose nos lugares máis céntricos para dar a coñecer a oferta turística da cidade.

O día 10 presentouse a oferta en Santiago de Compostela, para continuar en días sucesivos en cidades como A Coruña, Xixón, Valladolid e Salamanca.

Neste recorrido, as informadoras turísticas que viaxan a bordo da unidade móbil atenderon a un total de 2.190 persoas interesadas en coñecer os atractivos da cidade. Destacou a forte demanda de información de Salamanca, con 815 consultas e o gran interese dos xixoneses en coñecer máis detalles sobre a celebración da Volvo Ocean Race.

Esta semana está previsto que a unidade móbil recorra as cidades portuguesas de Lisboa, Oporto e Braga.
Descargar todas as imaxes