O mércores comeza o pintado horizontal en 29 rúas
O departamento de Tráfico ten previsto realizar traballos de sinalización horizontal en 29 rúas da cidade.Os traballos comezarán o mércores 18 de maio e está previsto que rematen o 15 de xuño.
Os traballos de sinalización horizontal consisten no pintado de eixos centrais das rúas, bordes e carril bus. As rúas nas que se realizaran o pintado son: Gran Vía, Requeiro, Alvaro Cunqueiro, Avenida de Madrid, Pintor Colmeiro, Hispanidade, Venezuela, Sanjurjo Badía, Julián Estevez, García Barbón, Policarpo Sanz, Rosalía de Castro, Areal, Pizarro, Gregorio Espino, Vázquez Varela, Pi i Margall, López Mora, Pintor José Frau, Castelao, praza de América, Avenida de Europa, Castrelos, Pablo Iglesias, Aragón, Travesía de Vigo,Avenida do Tranvía, Aeroporto e Cantabria.
Por outra banda,ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de arquetas, estará pechada ao tráfico a rúa María Berdiales, entre Magallanes e Manuel Núñez, con acceso exclusivo para residentes, o xoves 19 de maio de 2005 dende as 08:00 horas até as 20:00 horas.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense, para os vehículos que queiran acceder á zona de Progreso, pola rúa Ecuador.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.