Escoitar

Iniciouse o expediente de contratación para a xestión do servizo de aparcadoiros subterráneos

A cidade verá incrementadas as súas prazas de aparcamento nunhas 3.000, das que o 20 por cen estarán reservadas aos residentes. A Xunta de Goberno aprobou tamén o convenio coa Agrupación de centros deportivos e culturais para a realización de dúas actividades.

luns, 16 mai 2005
1116247582chemas.jpg
A Xunta de Goberno Local celebrada hoxe luns deu conta da resolución de Alcaldía respecto á execución de diversas obras de infraestructura rural asumidas pola consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Estas obras son: o acondicionamento de cauce e mellora de calidade ambiental do entorno da sociedade cultural Helios (Bembrive), abastecemento en Pouso (Bembrive), acondicionamento dos camiños Freixo (Sárdoma) e acondicionamento do entorno do campo de festas, cemiterio, colexio público e lavadoiros rurales de Matamá.

A Xunta de Goberno aprobou o convenio de colaboración entre o Concello e a Agrupación de Centros deportivos e culturais para a realización de dúas actividades, a Semana de teatro afeccionado e o proxecto de dinamización cultural "Vente con nós". O gasto destas dúas actividades é de 12.300 euros.

Dentro do departamento de Mobilidade e Seguridade aprobouse o inicio do expediente de contratación para a xestión do servicio de aparcadoiros subterráneos. O concelleiro José Manuel Figueroa explicou que se estudiarán especialmente as tarifas e que aproximadamente un 15 ou un 20 por cen das prazas estarán reservadas para residentes. José Manuel Figueroa comentou que os novos aparcadoiros subterráneos previstos en distintos puntos do centro da cidade suporán máis de 3.000 prazas. Tamén comentou que se iniciarán os expedientes para os de Bouzas e Teis.

Fóra da orde do día, aprobouse a realización de distintas obras en beirarrúas nas rúas Alfonso XIII, Tui e Manuel de Castro por un importe de 450.000, 410.625 e 218.877 euros respectivamente.
Descargar todas as imaxes