O traballo en coiro centra a nova actividade de "Artesanía Viva"
A artesán Patricia Puga Gómez estará, o sábado día 14, no CAT para facer unha demostración en vivo sobre o oficio do traballo en coiro. Albardas, mulidas, colares serán algún dos obxectos que o público poderá ollar, así como ferramentas tradicionais empregadas por estes artesáns.
Como oficio tradicional o traballo do coiro remóntase as nosas orixes xa que a pel dos animais foi empregada como prenda de vestir ou abrigo e significou a aparición de artesáns especialistas, como os goarnicioneiros e os albardeiros que se adicaban a facer todo o relacionado coa equipa dos cazadores e todo tipo de aditamentos para as cabalerías realizando alforxas, cinchas, selas de montar, ...
Esta actividade forma parte dun ciclo de demostracións en vivo que teñen lugar o segundo sábado de cada mes, tendo por obxectivos crear o hábito de achegar ao público ao CAT, sensibilizalos da importancia de manter os oficios tradicionais e fomentar o interés e coñecemento sobre a riqueza cultural que nos ofrece unha cidade como Vigo.
Desenvolvemento da actividade
A visita plantéxase como unha ruta cultural ao Casco Vello ligada a artesanía destacando tres puntos de interés: o CAT, a Casa do Cesteiro e a Rúa dos Cesteiros.
Pártese da Praza do Rei ás 11:30, durante o percorrido ao CAT explícanse elementos que se van presentando: muralla, o Castelo de San Sebastián, a rehabilitación do Casco Vello... ata chegar ao CAT. Aquí o público disfrutará dunha demostración feita por un artesán que explicará todos os pormenores do seu oficio durante hora e media.
Continuarase logo a ruta pola Rúa da Ferrería cara a Praza de Calatrava e Argüelles, atravesando a Rúa Elduayen. Na Praza da Constitución párase diante da Cerería San José, como comercio tradicional. Posteriormente dirixíndose cara a Rúa dos Cesteiros veranse as diferentes pezas elaboradas comentando o proceso de fabricación. Por último na Rúa Real coñecerase a Casa do Cesteiro, centro de formación en cestería tradicional dependente da concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo.
O CAT atópase na rúa Subida ao Castelo, nº 10, Vigo.
36202 Vigo e a
A casa do Cesteiro na rúa Real, 12
36202 Vigo
Para máis información no teléfono 986 22 07 58 ou na páxina web www.vigo.org/artesania
Descargar todas as imaxes