Os servizos municipais das muller contarán con persoal de prácticas do máster en educación en igualdade
A concelleira da Muller, Lucía Molares e o vicerreitor de relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Xabier Martínez Cobas asinaron un convenio polo que se acorda establecer un programa para a realización de prácticas profesionais das persoas que cursan o "Máster en educación en igualdade de xénero e políticas de igualdade".
As prácticas realizaranse nos servizos municipais de atención ás mulleres: Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, Casa de Acollida para mulleres maltratadas, Casa das Mulleres e Oficina da Muller. Se algunha alumna o desexa, e previa a conformidade da asociación xestora dos centros, poderanse realizar as prácticas nos servizos de atención especializada ás mulleres que estén asinados coa Concellaría da Muller: Biblioteca-Alecrín, Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos e Puntos Informa.
No acto da sinatura tanto o Concello como a Universidade consideraron básico o establecemento de accións necesarias tendentes a lograr a igualdade de xénero e evitar a indefensión e a desigualdade material que veñen padecendo as mulleres en moitos ámbitos da vida.
Ambas institucións están interesadas na promoción de accións formativas e de investigación, así como no fomento da realización de actividades e proxectos de carácter práctico que axuden a orientar e a impulsar o transcendental papel que lle corresponde desenvolver á muller no futuro dos diversos ámbitos da sociedade, da economía e da cultura do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes