martes, 10 mai 2005
Baixo o lema de "GALEGO: UN BICO NA LINGUA", máis de 3.000 escolares dos centros de ensino de Vigo e comarca van tomar as rúas da nosa cidade para participaren na 8º etapa da presente edición do Correlingua.
martes, 10 mai 2005
O obxectivo desta agrupación refundada a finais do ano pasado é o de realizar unha serie de conferencias divulgativas de iniciación á ópera en diversos barrios e parroquias da cidade. A primeira será esta noite a partir das 20 horas no Centro Cívico de Teis,á que asiste a concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias.
martes, 10 mai 2005
A mostra fotográfica "Espazos de vida", organizada pola obra social de "la Caixa", recolle, a través da mirada de tres fotógrafos, as experiencias de varios grupos de enfermos de Alzheimer e dos seus coidadores. A exposición pode visitarse ata o 21 de maio no Centro do Casco Vello.
martes, 10 mai 2005
A Oficina Municipal de Voluntariado organiza un curso de voluntariado en saúde e drogopedencias, que terá lugar os días 27 e 28 de maio nos locais do CITIC ( antiga casa rectoral Casco Vello).