Escoitar

O bus promocional de Vigo comeza en Santiago unha xira por oito cidades de España e Portugal

<br /> Unha equipa de animadoras turísticas da Concellería darán a coñecer a oferta turística da cidade en Santiago de Compostela, A Coruña, Xixón, Valladolid, Salamanca, Lisboa, Oporto e Braga.

luns, 9 mai 2005
1115638501movilbus8.jpeg
A Concellería de Turismo, que dirixe Lucía Molares, comezará en Santiago de Compostela a ruta da Oficina Itinerante, que percorrerá oito cidades españolas e portuguesas a partir do próximo 10 de maio. A xira rematará na cidade de Braga o día 20 de maio.

Turismo de Vigo porá en marcha esta unidade móvil, co obxecto de dar a coñecer a riqueza da oferta turística da cidade en todos aqueles mercados obxectivos emisores de turistas. A oficina instalarase nos lugares máis céntricos e transitados das cidades anteditas, co obxecto de realizar ó maior número posible de consultas.

A oficina itinerante, rotulada con imaxes da cidade, que representan os principais productos turísticos que oferta Vigo, as informadoras turísticas da Concellería ofrecerán información sobre estes recursos e asesorarán ós potenciais turistas sobre programas de actividades a realizar no destino.

Segundo os estudios realizados, o maior potencial de crecemento do sector turístico vigués se atopa, precisamente nas provincias limítrofes con Galicia e Portugal.

Segundo un estudio realizado por TURGALICIA, máis de 6,4 millóns de tuistas visitaron a nosa comunidade no ano 2004, dos que un 20% eran procedentes de poboacións limítrofes de León, Asturias e Zamora.

As animadoras turísticas da Concellería atenderán as consultas na oficina de turismo itinerante en horario de 10h. a 20.00h., ininterrumpidamente, promocionando os productos estrela da cidade como o turismo náutico, de natureza e, especialmente, os eventos que terán lugar en Vigo co gallo da Volvo Ocean Race.

Precisamente, para promocionar dunha forma especial a celebración da Volvo Ocean Race, a unidade móvil se presenta este ano rotulada coma unha gran Ría, apto para a práctica de todo tipo de deportes náuticos en calquera época do ano.

Con esta iniciatica, Turismo de Vigo pretende captar aqueles segmentos do mercado turístico que realizan pequenas escapadas de fin de semana, e distribúen as súas vacacións en distintos períodos ó longo de todo o ano.

O perfil medio do turista que se achega á nosa cidade se corresponde cunha persoa de entre 30 e 45 anos, que se despraza en coche propio, e que ten como principal motivación para a súa viaxe o dsifrute de tempo de ocio.

Os principais emisores de turistas estranxeiros para a cidade de Vigo son Portugal (cun alto índice de excursionismo) e Reino Unido –fundamentalmente cruceiristas-.
Descargar todas as imaxes