Programación de maio no espazo xove do Castro
Como tódolos anos o Espacio Xovén do Castro dentro do programa Súbete ó Castro comenza a súa andaina de Castroconcertos dende maio ata setembro. Os concertos terán lugar no escenario a carón do circuito de bicicletas tódolos sábados a partires das 23:00. Este sábado actuarán os grupos Runa (rock) e Natty Roots (reggae).
Dentro da nova programación tamén comenzou a actividade de Tai-Chi ao aire libre o que se pode asistir tódolos domingos a partires das 10 da maña ata as 11 e sen inscrición previa.
Voltan durante este mes de maio tamén os cursos de ofimática básica e deseña a túa páxina web de luns a xoves de 17 a 18 hs., precisase inscrición previa.
Dentro da programación de Noites Vivas que se desenvolve no Castro destaca os cursos de iniciación ao teatro os venres pola tarde con dous cursos específicos: Iniciación o mimo (19-20hs) e Obradoiro de monólogos (20-21hs.), non se precisa inscrición.
Tódalas actividades son de balde.Para máis información www.cibercastro.org e no tlf.: 986485541 (horario 17-21hs)
Descargar todas as imaxes