Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 6 mai 2005
Asuntos que tratará a Xunta de Goberno Local na reunión do luns, día 9 de maio, a partir das 9:00 horas.

1.- Acta da sesión ordinaria do 25 de abril de 2005.

ASESORIA XURÍDICA
2.- Sentenza do X. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 148/2004 interposto por ALIANZA Y BARROS, S.A. contra resolución de 12.11.03, desestimatoria do rec. reposición interposto contra sanción por realizar actividade funeraria sen ter autorización. (Expte. 5479/255). Desestimado

3.- Auto do X. do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no r.c.a. nº 320/2003 interposto pola SOCIEDAD ESTATAL DE ESTIBA Y DESESTIBA DE BUQUES DEL PUERTO DE VIGO acordo do concelleiro-delegado de Economía e Facenda do 15.10.03 desestimatorio o rec. reposición contra liquidación do IBI 2003 (expte. 23447/512). Desestimento.

4.- Auto do TSXG no r.c.a. nº 02/4992/2003 interposto por APARCAMIENTO GENARO DE LA FUENTE, S.L. acordo plenario 28.04.03 desestimatorio de rec. reposición contra acordo do 29.10.01 que aproba o Convenio marco entre o Concello e o Consorcio da Zona Franca para a construcción e explotación de aparcadoiros na cidade (expte. 234/01). Desestimento.

BENESTAR SOCIAL
5.- Proxecto de convenio de colaboración co "Secretariado General Gitano" para a intervención social coa poboación xitana de Vigo. Expte 11349/301.

6.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: Alta exptes 14/1088/05, 12/1022/05, 23/896.

CULTURA
7.- Dar conta dos expedientes de contratación, gasto menor, realizados polo departamento de Cultura en abril de 2005. Expte. 8915/331.

8.- Fixación do prezo de venda ao público do libro "Arquitectura Racionalista en Vigo" Expte. 8910/331.

9.- Fixación do prezo de venda ao público do libro "Ámbitos de Galicia". Expte. 8911/331.

DEPORTES
10.- Solicitude do Club Triatlón de Vigo de autorización para realizar a proba para atletas federados "VI Duatlón Reconquista de Vigo" na zona de Bouzas e na circunvalación Castrelos-Bouzas o 21.05.05. Expte. 5216/333.

11.- Solicitude das A.VV. Cristo da Victoria de Coia de autorización para celebrar o "XXVII edición do Medio Maratón Popular de Coia" dende a rúa Redondela ata a Avda. de Samil, o 22.05.05.Expte. 5247/333.

12.- Solicitude da empresa UB Consultores de autorización para organizar o "Campionato de Fútbol Escolar en Praias" na praia do Vao o 21 e 22 de maio de 2005. Expte. 5231/333.

13.- Solicitude do Club Ciclista Vigués de autorización para realizar a proba ciclista "Circuito da Deputación de Pontevedra" entre as localidades de Vigo e A Guarda o 14.05.05. Expte. 5232/333.

14.- Devolución da fianza a Bebidas Gaseosas del Noroeste, S.A. (Begano, S.A.) constituída con motivo da "Fútbol Park" celebrado os días 16 e 17 de abril de 2005 en Samil. Expte. 5245/333.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
15.- Relación de novas obras para desenvolver no Progama Bial no mes de maio. Expte. 3153/77.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
16.- Revisión de prezos do contrato de prestación do servizo da Escola municipal de Danza. Expte. 17263/240.

17.- Prórroga de contrato de arrendamento subscrito con "La Fe, Seguros S.A." do edificio da rúa Elduayen, 36. Expte. 17250/240.

18.- Ampliación do contrato de servizo de limpeza de colexios e escolas públicas adxudicado a Limpezas del Noroeste S.A.. Expte. 17264/240.

19.- Reclamacións de danos:
a) Juan C. Nogueira Calvar. Expte. 13689/240. Desestimado.
b) Amparo Martínez Jorge. Expte. 128/243. Estimado.

20.- Recurso de reposición interposto por D. Diego Pena Rodríguez contra acordo da Xunta de Goberno de 31.12.04 estimatorio de reclamación patrimonial. Expte.15312/240 Desestimado

21.- Recurso de reposición interposto por Da. Concepción Martínez Alvarez contra acordo da Xunta de Goberno de data 31.12.04 estimatorio de reclamacion de danos. Expte.16411/240 Desestimado.

XESTION MUNICIPAL
22.- Xustificantes de libramentos.

23.- Gastos de locomoción do persoal municipal para incluir na nómina do mes de maio de 2005.

VIAS E OBRAS
24.- Expediente de contratación para a adquisición dunha desbrozadora para o Servizo do Parque Móbil.Expte. 3364/445

25.- Rogos e preguntas.