Escoitar

A Lonxa de Canido contará con novo equipamento grazas ao Plan de Porto de Vigo

A Lonxa contará cun sistema de poxa informatizado e un novo espazo para duchas e taquillas. O Plan prevé ademais a instalación dun "traveling" na zona da Lagoa-Teis con capacidade para elevar 100 toneladas.

venres, 6 mai 2005
1115386380firma.jpg
A alcaldesa Corina Porro asistiu hoxe ao acto de sinatura do Plan de Portos que o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, rubricou xunto co patrón maior, José Antonio Tizón. O acto tivo lugar na sede social da Cofradía de Pescadores "San Francisco" e a Xunta investirá preto de 500.000 euros (exactamente 489.930 euros) en diversas actuacións no porto.

O Goberno da Xunta ten previsto adquirir un "traveling" na zona da Lagoa-Teis con capacidade para levar embarcacións de ata 100 toneladas. Trátase dun pórtico automotor sobre neumáticos cunha capacidade de elevación de 500 toneladas e grazas ao cal arredor de 50 barcos de cerco poderán levar a cabo as tarefas de limpeza, reparación e pintado. O novo servizo manterá as embarcacións en mellor estado contribuíndo ao incremento da seguridade no mar. O investimento nesta obra concreta será de 315.500 euros.

O Plan prevé tamén a adquisición dun vehículo isotérmico destinado a trasladar a outras lonxas as especies capturadas polos mariscadores e a flota. Deste xeito, se a demanda é escasa evítase que os prezos baixen demasiado sendo as perdas menores.

A lonxa de Canido verase mellorada significativamente no seu equipamento co novo Plan de Porto. Contará cun sistema automatizado de poxa. A cofradía instalará un panel de subastas e adquirirá un novo equipo de software para facilitar as poxas. Está previsto dotar á lonxa dun novo sistema de videovixilancia e dunha unidade de pesaxe que contará cunha nova báscula e unha etiquetadora. Ademáis acondicionarase o interior da lonxa e ampliarase en 30 metros cadrados dotándoa de vestiarios, duchas e taquillas. Nestas iniciativas destinaranse máis de 80.000 euros.

A última das actuacións previstas no Plan é o acondicionamento dun local para montar aulas de formación continua para os mariñeiros. As salas estarán dotadas de material informático e outros equipamentos.
1115386380firma.jpg
1115386397cofradia.jpg
Descargar todas as imaxes