O Concello sómase á celebración do Día das Letras con diversas actuacións ao longo deste mes
O Concello de Vigo quere sumarse ás celebracións do 17 de maio, Día das Letras Galegas dedicado este ano a Lorenzo Varela, cunha serie de actuacións a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, como a proxección de cinema en galego, obradoiros de regueifas, unha carreira a favor do galego e o programa "Ponte nas ondas".
As actuacións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Lorenzo Varela, comezarán o día 6 de maio coa XI edición de "Ponte nas ondas". Serán 24 horas de programación radiofónica nas que participarán diversas emisoras de Galicia e Portugal, co apoio do Concello de Vigo, entre outras institucións. O obxectivo de "Ponte nas ondas" para este ano é conseguir que a UNESCO proclame a oralidade galego-portuguesa obra mestra do seu patrimonio oral e inmaterial.
Así mesmo, para conservar este patrimonio, o SNL colabora cos cines Yelmo e o Cineclub Lumière na proxección de filmes en galego. Deste xeito, o 6, o 9 e o 13 de maio ás 12:00 no cine Yelmo poderanse ver varias películas para nenos e mozos. No auditorio da Casa do Concello, coa axuda do Cineclub Lumière e entrada gratuíta, desenvolverase un ciclo de produccións galegas en galego, do 10 de maio ao 13 de decembro.
Do 7 ao 14 de maio, Luís Caruncho e Pinto de Herbón impartirán, na Biblioteca Central, uns obradoiros deidácticos de regueifas para nenos e nenas a partir dos 10 anos. O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a poesía oral improvisada e conseguir que os nenos sexan quen de realizar coplas improvisadas. Ademais, deste modo quérese implicar os nenos e nenas no patrimonio inmaterial e apoiar a candidatura da tradición oral galego-portuguesa a obra mestra da UNESCO.
O día 11, baixo o lema "Galego: un bico na lingua", máis de 3.000 nenos e mozos dos centros escolares de Vigo e comarca tomarán as rúas da cidade para participaren na 8ª etapa da presente edición do Correlingua. A carreira de apoio ao galego partirá do Concello e finalizará no parque de Castrelos. Na saída intervirá a alcaldesa, Corina Porro, e así mesmo estará presente o adestrador do Celta, Fernando Vázquez.
O conxunto de actividades do SNL co gallo do Día das Letras Galegas completarase cunha serie de concertos en colaboración coa Escola Municipal de Música. Os concertos, de carácter didáctico, centraranse na obra de Smetana "Ma Vlast". Será o 19 e o 26 de maio ás 20:00, no Verbum e no Auditorio do Centro Cívico de Teis, respectivamente.
Ademais, o apartado de Lingua da páxina web do Concello ofrece información de recursos e ferramentas para coñecer o galego e traballar en lingua galega.