A Oficina Municipal de Voluntariado presentou o seu programa medioambiental
Destaca principalmente o programa formativo "Voluntarios na natureza", en colaboración coa asociación medioambiental Fontaíña. Trátase dun curso de 5 módulos e 7 meses de duración que contará con actividades de campo en paraxes naturais singulares, tarefas de investigación e grupos de traballo para facer a experiencia o máis participativa posible.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe mércores o programa formativo "Voluntarios na Natureza", que a asociación medioambiental Fontaíña desenvolve en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado. O crecente interese dos voluntarios inscritos na OMV acerca da conservación do medio natural vigués e a necesidade de contar con persoas ben formadas levou a desenvolver este curso xunto á asociación Fontaíña. Esta asociación está formada por un grupo de mozos comprometidos coa natureza e o medioambiente que pretenden co programa "dotar aos voluntarios dunha maior formación e coñecemento ao tempo que propician o xurdimento de ideas e propostas para facer novas actuacións", explicou o coordinador do grupo, Eduardo González.
Os obxectivos do programa "Voluntarios na natureza" son os seguintes:
- Analizar e comprender as características e procesos ambientais dos espacios a visitar.
- Coñecer e desenrolar técnicas de traballo para a conservación ambiental.
- Promover o interese, a sensibilidade e o respecto polo medio natural.
- Implicar ós participantes na resolución de problemas e o desenvolvemento de novos proxectos ambientais no municipio de Vigo.
Segundo a concelleira Lucía Molares, que agradeceu á Fontaíña a súa implicación no proxecto, o máis importante deste programa é a sensibilización e a formación específica en traballos e análise de campo. Os diferentes módulos cos que conta o programa teñen unha dinámica en grupos de traballo o máis participativa posible, levando a cabo tarefas de investigación e de recollida de datos en espacios ou áreas de traballo distintas.
O programa terá unha duración de 7 meses, dividido en 5 módulos de traballo, que desenvolverán diferentes temáticas de interese sobre o medio natural de Vigo e Galicia.
Para este ano 2005 está programada a realización de cinco actividades formativas para os voluntarios:
- Xornada de coñecemento do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia: Illas Cíes. Constaría dunha charla impartida por un experto e unha visita dunha xornada de duración ás illas Cíes. A celebrar en maio-xuño e con 30 prazas.
- Xornada de estudio da flora litoral. Constaría dunha charla sobre a flora das dunas galegas e unha recollida de sementes, para o viveiro do PLVigo, no sistema dunar de Barra (Cangas do Morrazo). A celebrar en agosto (preferiblemente en día laborable) e con 12 prazas.
- Xornada de coñecemento da ría de Vigo. Constaría da proxección dun audiovisual sobre a ría de Vigo e un obradoiro de estudio do medio intermareal en Pta. Helena (Praia da Fontaíña-Coruxo). A celebrar en setembro (sábado ou domingo) e con 20 prazas.
- Xornada de coñecemento dos sendeiros naturais de Vigo. Charla sobre "Os usos do bosque" impartida por un técnico da Consellería de Medio Ambiente e realización dun roteiro polos montes de Vigo. A celebrar en octubro e con 25 prazas.
- Xornada de coñecemento da montaña galega. Visita de fin de semana (saída un venres polo serán e regreso o domingo) ó Parque Natural do Mte. Invernadeiro (Ourense), pernoctando nun albergue de montaña. A celebrar en novembro-decembro e con 25 prazas.
As conferencias e proxeccións das diferentes xornadas terán lugar no Salón de Actos do Centro Cívico Casco Vello (dependente do Concello de Vigo), mentres que os itinerarios e excursións desenvolveranse nos espacios naturais sinalados previamente.
Voluntario en Medio Ambiente
Dentro do programa de formación continua da Oficina Municipal de Voluntariado, os días 8, 9 e 11 de xuño impartirase o curso de Voluntariado de Medio Ambiente. Este curso está aberto a todos os voluntarios e especialmente pensado para aqueles que realizan actividades no programa de medio ambiente.
Conta con oito horas de duración repartidas en tres módulos: a) Caracterización e estudio do medio ambiente (2 horas); b) Problemática medioambiental e desenvolvemento de solucións (2 horas); c) Traballo práctico de investigación medioambiental. O curso é gratuíto e limitado de prazas polo que se recomenda axilizar as xestións de inscrición a todos os interesados.
Descargar todas as imaxes