venres, 6 mai 2005
As asociacións integrantes do Consello Local de Accesibilidade do Concello presentaron as súas propostas para facer de Vigo unha cidade máis accesible para as persoas de mobilidade reducida. A alcaldesa, Corina Porro, comprometeuse a "sumar esforzos para conseguir unha sociedade máis xusta e integrada".
venres, 6 mai 2005
Como tódolos anos o Espacio Xovén do Castro dentro do programa Súbete ó Castro comenza a súa andaina de Castroconcertos dende maio ata setembro. Os concertos terán lugar no escenario a carón do circuito de bicicletas tódolos sábados a partires das 23:00. Este sábado actuarán os grupos Runa (rock) e Natty Roots (reggae).
Dirixidos a calquera persoa que queira achegarse a este oficio tradicional
venres, 6 mai 2005
A Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, por medio da Casa do Cesteiro e Centro de Artesanía Tradicional, vén de convocar oito cursos de verán sobre outras tantas especialidades no oficio da cestería. Estes cursos, abertos a todo tipo de persoas interesadas, teñen unha duración de 45 horas con formación intensiva durante 10 días laborables seguidos, en horarios de mañán e tarde. Os primeiros cursos darán comezo o 20 de xuño e os últimos o 12 de setembro.
venres, 6 mai 2005
A Semana de Teatro Afeccionado, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais co patrocinio do Concello, celebrarase en Vigo no próximo mes de novembro. O obxectivo deste certame é dar saída ao traballo dos máis de 200 grupos de teatro afeccionado que hai en Galicia.<br />