luns, 2 mai 2005
O Concello contribuirá a suprimir barreiras arquitectónicas na cidade. Así o decidiu a Xunta de Goberno Local, que aprobou un proxecto no que se contemplan obras nas beirarrúas do Centro de Vigo por un importe de 150.101,21 euros.
luns, 2 mai 2005
A Concellería de Participación Cidadá vai desenvolver unha campaña para dar a coñecer as novas tecnoloxías e fomentar o seu uso por parte de todos os cidadáns. A campañá contará cunha aula móbil e outra fixa, nas que se prestará especial atención aos colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías.
luns, 2 mai 2005
A alcaldesa, Corina Porro, pronunciará o martes na capital do Principado de Asturias a conferencia "As cidades como escenarios de eventos internacionais", na que falará do desafío que supón para as cidades a celebración de grandes acontecementos, como a Volta ao Mundo a Vela. O acto, que comezará ás sete do serán no Club Prensa Asturiana de Oviedo, será presentado polo alcalde desta cidade, Gabino de Lorenzo.
luns, 2 mai 2005
Durante o mes de maio, a Biblioteca Pública Central de Vigo desenvolverá unha actividade destinada tanto aos máis pequenos, como aos adultos. Así, nas instalacións da biblioteca celebrarase a terceira edición do concurso para rapaces "En qué conto, conto", e neste ano tódalas preguntas do concurso versarán sobre Andersen e a súa obra.