Escoitar

A alcaldesa falará en Asturias do desafío que supón para as cidades a celebración de grandes eventos internacionais

A alcaldesa, Corina Porro, pronunciará o martes na capital do Principado de Asturias a conferencia "As cidades como escenarios de eventos internacionais", na que falará do desafío que supón para as cidades a celebración de grandes acontecementos, como a Volta ao Mundo a Vela. O acto, que comezará ás sete do serán no Club Prensa Asturiana de Oviedo, será presentado polo alcalde desta cidade, Gabino de Lorenzo.

luns, 2 mai 2005
Corina Porro explicará a oportunidade que supón para a transformación da cidade o desenvolvemento do programa VIGO05, que inclúe dunha parte importantes intervencións urbanas e doutra eventos deportivos, musicais, lúdicos e festivos. Vigo será porto de saída da Volta ao Mundo a Vela o vindeiro mes de novembro. É a primeira vez que a Volvo Ocean Race non sae dun porto británico. Acoller grandes eventos, ¿é unha oportunidade ou un desafío para as cidades?. A alcaldesa exporá estas claves na conferencia de Asturias.