Escoitar

A oficina de Turismo itinerante levará información sobre Vigo aos eventos náuticos e ás principais cidades

A oficina estará remolcada por un todoterreno e conta cun novidoso sistema hidráulico que permite montala en menos de quince minutos. Viaxará levando a imaxe de Vigo a todos os eventos náuticos nacionais e ás cidades que queden a menos de catro horas en coche, con vistas á saída da Volvo Ocean Race.

venres, 29 abr 2005
1114780162caseta.jpg
A concelleira de Turismo e Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe venres a nova oficina de información turística itinerante que percorrerá distintas cidades do territorio nacional dende o mes de maio ata a celebración da saída da Volvo Ocean Race. Esta oficina ademáis de promocionar a cidade de Vigo e os seus recursos turísticos nos mercados nacionais, asistirá a máis de 120 eventos relacionados co mundo do mar e dos deportes náuticos. Non faltará a citas nacionais tan importantes como, por exemplo, a XXIII Copa do Rei, que se celebrará do 29 de xullo ao 7 de agosto en Palma de Mallorca, ou á Semana Náutica Internacional Porto de Santa María de Cádiz, que terá lugar entre o 19 e o 24 de agosto.

A oficina de turismo itinerante de Vigo tamén se encargará de promocionar os recursos turísticos da cidade entre os numerosos pasaxeiros que chegarán a bordo dos cruceiros nos próximos meses. Está previsto que este punto de información se ubique na Estación Marítima para proporcionar información aos 49 barcos que arribarán no porto de Vigo ata finais de ano.

Este ambicioso programa de promoción do Turismo tamén abrangue a visita da oficina a cidades que se atopen a menos de catro horas de viaxe en coche xa que, seguindo as estatísticas que manexa o Servizo de Turismo, o 89% dos turistas que nos visitan utilizan como medio de transporte o vehículo propio. Cidades como santiago de Compostela, A Coruña, Xixón, Valladolid, Salamanca, Lisboa, Oporto e Braga verán instalarse a oficina nas prazas máis céntricas e transitadas para dar a coñecer todos os eventos que se celebrarán en Vigo neste ano 205.

Características técnicas

A oficina itinerante ten unha superficie de 32 metros cadrados, será remolcada por un todoterreno coa marca de Vigo e presenta un novidoso sistema hidráulico que permite montarla en calquera asentamento en menos de quince minutos. Forma un habitáculo adaptable en tamaño, xa que pode abrirse completamente polas dúas caras, ou ven habilitar unha soa fachada de atención ao público.

A oficina está rotaulada con fotografías da cidade, significativas e de gran beleza, e conta ademáis cunha pantalla de plasma para a proxección de imaxes promocionais de Vigo.
1114780162caseta.jpg
1114780379interiorcaseta.jpg
1114780402vaciacaseta.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información