Escoitar

O Concello apoia os concertos das bandas de música de Vigo

O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López-Chaves, asinou un convenio de colaboración coas bandas de música populares de Vigo e maila Federación de Bandas para a programación de concertos ao longo de 2005, por un importe de 121.416 euros.

venres, 29 abr 2005
1114778716gaitas.jpg
O concelleiro de Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López-Chaves, asinou hoxe venres un convenio de colaboración coas bandas de música populares de Vigo e maila Federación de Bandas para a programación de concertos ao longo do ano 2005. O importe do convenio ascende a 121.416 euros. En total serán 117 actuacións, trece por cada unha das nove bandas, sendo unha delas de caráter gratuíto.

Este ano 2005 a Concellería de Festas presenta a programación das bandas de música populares baixo o lema "Vigo, un mar de bandas". As actuacións repartiranse por todo o municipio: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Calvario, Candeán, Castrelos, Coia, Coruxo, Lavadores, Matamá, Saiáns, Comesaña, Oia, Navia, San Xoán Paulo, Sárdoma, Teis, Travesas, Valadares e Zamáns.

Ademais, a Concellería de Festas e Animación Sociocultural programou ciclos de música en distintos puntos do centro da cidade: Montero Ríos, Praza da Constitución, Rúa Urzaiz, Pazo de Castrelos e ciclo de Nadal no Auditorio da Casa do Concello. O 21 de xuño, con motivo do día Europeo da Música, actuarán cinco bandas simultaneamente en distintos puntos da cidade.

A Concellería editará 10.000 exemplares do folleto "Vigo, un mar de bandas", onde se recolle o programa de actuacións das bandas de música ao longo de 2005. Estas bandas son a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, As Delicias do Caeiro, o Ateneo Musical de Bembrive, a Escola de Música de Beade, a Escola de Música da UVCD de Candeán, a Lira de San Miguel de Oia, a Unión Musical de Cabral, a Unión Musical de Coruxo e a Unión Musical de Valadares.
Descargar todas as imaxes

Máis información