Escoitar
Dirixidos a calquera persoa que queira achegarse a este oficio tradicional

A Casa do Cesteiro convoca cursos intensivos de formación durante o verán

A Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, por medio da Casa do Cesteiro e Centro de Artesanía Tradicional, vén de convocar oito cursos de verán sobre outras tantas especialidades no oficio da cestería. Estes cursos, abertos a todo tipo de persoas interesadas, teñen unha duración de 45 horas con formación intensiva durante 10 días laborables seguidos, en horarios de mañán e tarde. Os primeiros cursos darán comezo o 20 de xuño e os últimos o 12 de setembro.

venres, 6 mai 2005
1115385895cesto.jpg
Casa do Cesteiro
Os asistentes achegaranse ós materiais, formas e ferramentas das principais técnicas cesteiras en vimbio verde e pelado, colmo (palla) e madeira fendida, da man dos mestres cesteiros Mª Jesús Barreiro García e Antonio Suárez Dávila. Os dous artesanosteñen unha longa traxectoria profesional no oficio de cestería e especialistas en madeira aberta, colmo e vimbio. Todos os cursos terán lugar nas instalacións da Casa do Cesteiro, situada na rúa Real, 10.

O Centro de Artesanía Tradicional inaugura deste xeito unha nova actividade que pretende consolidarse na mesma liña dos cursos de verán doutras institucións docentes. Neste sentido, a convocatoria estase a distribuír non só no ámbito vigués, senón tamén en institucións, asociacións e profesionais doutras zonas de Galicia, España, Francia e Portugal, con tradición neste oficio.

Información e inscrición:

O acceso aos cursos realizarase a través da presentación da solicitude de inscrición, en modelo normalizado, no Servicio de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo.

As prazas, que son limitadas, cubriranse por rigorosa orde de entrega da solicitude.

Prazos: Preinscrición: do 9 ao 31 de maio.

Presentación dos listados de admitidos: 6 de xuño.

Os listados estarán expostos nas instalacións da Casa do Cesteiro, no Centro de Artesanía Tradicional e na web www.vigo.org/artesania.

Formalización da matrícula: do 6 ao 17 de xuño, presentando o resgardo que acredite o pagamento da matrícula o día do inicio dos cursos.

Prezo de matrícula para todos os cursos: 50 euros.

Máis información:
Centro de Artesanía Tradicional: 986227424
Casa do Cesteiro: 986224003
Servicio municipal de Patrimonio Histórico: 986810282
www.vigo.org/artesania

Cursos

Cestería de vimbio con pel:
20 xuño; 45 h de luns a venres ; 9:30 a 14:00h
Cestería de colmo
20 xuño;45 h de luns a venres; 16:00 a 20:00h
Cestería de vimbio sen pel
11 xullo;45 h de luns a venres; 9:30 a 14:00h
Cestería de madeira fendida
11 xullo; 45 h de luns a venres ;16:00 a 20:00h
Cestería de vimbio con pel
1 agosto; 45 h de luns a venres; 9:30 a 14:00h
Cestería de colmo
22 agosto; 45 h de luns a venres ; 9:30 a 14:00h
Cestería de vimbio sen pel
12 setembro; 45 h de luns a venres ;9:30 a 14:00h
Cestería de madeira fendida
12 setembro; 45 h de luns a venres; 16:00 a 20:00h
Descargar todas as imaxes