"Espazos de vida" mostra a experiencia de tres fotógrafos ante o Alzheimer
A mostra fotográfica "Espazos de vida", organizada pola obra social de "la Caixa", recolle, a través da mirada de tres fotógrafos, as experiencias de varios grupos de enfermos de Alzheimer e dos seus coidadores. A exposición pode visitarse ata o 21 de maio no Centro do Casco Vello.
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, acudiu hoxe martes á inauguracición da mostra "Espazos de vida", que ten por obxectivo demostrar que detrás dun doente de Alzheimer hai unha persoa que pode apertar, sentir, recordar e saír á rúa. A exposición, presentada pola Obra Social de "la Caixa" no Centro Cívico Municipal do Casco Vello, permanecerá aberta ata o día 21 de maio.
"Espazos de vida" está composta por medio centenar de fotografías tomadas no verán de 1997 por Ricky Dávila, José Ignacio Lobo e Txema Salvans, durante a estadía de 21 enfermos de Alzheimer e os seus coidadores na redidencia Santa Susanna de Caldes de Montbui (Barcelona).
A finalidade desta estadía piloto, a primeira destas características en España, era poder ofertar un descanso activo aos doentes e aos familiares dirixido por persoal especializado. Ademais, segundo a comisaria da exposición, Yolanda Escobar, esta experiencia serviu para conseguir, a través de actividades de estimulación cognitiva, unha mellora na calidade de vida dos enfermos e un retraso da perda das faculdades mentais destes.
Canto aos familiares que os acompañaban, puideron gozar dun tempo libre do que habitualmente non dispoñen a causa das súas obrigas co doente. Ademais, ofrecéuselles información teórico-práctica sobre como coidar dun enfermo de Alzheimer, desde que facer cando este non pode durmir ata como axudarlle a vestirse ou a comer. Mellorando a capacidade do enfermo conseguiuse diminuír a carga que pesa sobre o coidador.
O presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia (AFAGA), Juan Carlos Rodríguez, salientou o papel do coidador, xa que "queda encerrado na doenza sen ser el mesmo un doente". Juan Carlos Rodríguez dixo que só de maneira recente a sanidade pública e os servizos sociais "comezaron a ser conscientes de que este é un grave problema social".
O Alzheimer é a demencia senil máis común e constitúe a terceira causa de morte nos países occidentais. En España afecta a unhas 500.000 persoas. Os síntomas principais desta doenza dexenerativa son a regresión mental e a perda de memoria. Aínda que non ten cura, o Alzheimer pode ser paliado se se axuda ao enfermo nas primeiras fases do mal cunha terapia estimulativa. A maior parte das persoas que padecen Alzheimer son atendidas polas súas familias, que día a día encontran novas dificuldades e retos.
"Espazos de vida" pode visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 17:30 a 21:30, e os sábados, de 10:00 a 13:00. Como actividade complementaria á exposición, a psicóloga Maximina Rodríguez ofrecerá unha conferencia baixo o título de "Comunicación: la importancia del gesto", o xoves 19 de maio, ás 19:00.