Escoitar

Punto de información de emprego no Centro Cívico de Teis

Coa finalidade de ampliar as prestacións a cidadanía no Centro Cívico de Teis a concellería de Participación Cidadá en colaboración coa concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, ten instalado un "Punto de Información Multimedia (PIM) de emprego".

xoves, 12 mai 2005
1115899169empleocities.jpg
O punto de información de emprego atópase incluído dentro do proxecto "Cidades e empresas pro emprego – EMPLEOCITIES", desenvolvido pola Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, xunto coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia e consiste nun ordenador cos seus soportes con acceso a internet e permite a cidadanía acceder a unha plataforma telemática que ten como obxectivo achegar e facer máis accesibles as políticas activas de emprego ó territorio, mediante unha ferramenta innovadora en canto á integración de información e servizos de apoio o emprego e que se amosan a través de internet, e son accesibles a través de ordenadores e dunha rede de PIM’s.

O proxecto Empleocities ten desenvolvido un portal de emprego (www.empleocities.org) no que se ofrece información de interese os/as desempregados/as sobre axudas e subvencións, bolsa de emprego, oportunidades de negocio, formación, etc. Ademais dos puntos anteriores permite personalizar o acceso e o rexistro dos usuarios e usuarias do portal de emprego, co seu perfil e o acceso individualizado a información.
Mais información no Centro de Atención Municipal de Teis no teléfono 986.266030 ou a través do correo electrónico camteis@vigo.es
Descargar todas as imaxes