Escoitar

Participantes do proxecto Alicerce realizarán prácticas en entidades de terceira idade e discapacidade

As participantes do proxecto Alicerce na segunda edición do curso de "Animación en terceira idade e discapacidade", comenzarán este mes as 40 horas de prácticas profesionais. O obxectivo destas prácticas e o contacto laboral co sector no que se pretenden insertar, así como fomentar pautas de traballo necesarias para unha boa execución laboral.

mércores, 18 mai 2005
1116494072alicerce1.jpeg
As entidades colaboradoras co proxecto nas que realizarán as prácticas profesionais son o Centro de atención a minusválidos psíquicos de Chapela; a Residencia Asistida de Maiores de Vigo, e o Centro de día de Cruz Vermella de Vigo.

Para o seguimento desta fase de prácticas o proxecto conta cunha titora que apoiará tecnicamente as alumnas en coordinación cos centros.


O PROXECTO ALICERCE que iniciou as súas actividades no mes de marzo de 2004 é unha iniciativa promovida pola Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo e que conta cunha axuda económica no marco da Subvención Global do Fondo Social Europeo. O proxecto pretende reforzar os servizos de atención a persoas no Concello de Vigo a través da cualificación de persoas desempregadas nos campos de mediación intercultural, adiccións e condutas de risco, animación en terceira idade e discapacidade, así como formar e acompañar no deseño e posta en marcha de proxectos empresariais.
1116494072alicerce1.jpeg
1116494101alicerce2.jpeg
1116494137alicerce3.jpeg
Descargar todas as imaxes