O servizo de teleasistencia domiciliaria atende a máis de 300 persoas en Vigo
O servizo de teleasistencia domiciliaria é unha iniciativa na que colaboran varias institucións, entre elas o Concello de Vigo, para axudar a persoas maiores e/ou descapacitadas que padecen situacións de soidade e desarraigo. No noso municipio, este servizo presta atención a máis de 300 usuarios.
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, e a deputada provincial encargada dos servizos sociais, Nidia Arévalo, presentaron hoxe mércores ante os medios de comunicación o servizo de teleasistencia posto en marcha grazas ás achegas do IMSERSO, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo.
Este servizo funciona en virtude dun convenio de colaboración ao que están adheridos 58 dos 62 concellos da provincia. No termo municipal de Vigo, o número de persoas atendidas a 30 de abril de 2005 era de 325. Nesa data, 48 persoas estaban en trámite final de admisión e había 13 expedientes nos seus trámites iniciais. Estas cifras supoñen un sensible aumento con respecto ás do 31 de decembro de 2004, cando se rexistraba un total de 180 usuarios.
Segundo explicou Marta Iglesias, "a teleasistencia domiciliaria é un servizo que permite a persoas maiores e/ou discapacitadas manter contacto verbal, durante as 24 horas do día e os 365 días do ano, cun centro atendido por persoal especificamente preparado para dar unha resposta axeitada á súa situación".
O contacto entre os usuarios e o persoal dedicado á súa atención faise posible a través dunha liña telefónica, así como cun equipamento de comunicacións e informático específico, situado nun centro de atención e no domicilio dos usuarios.
O servizo de teleasistencia domiciliaria está destinado de maneira prioritaria a persoas que viven soas ou que pasan parte do día sen compaña. Tamén se dirixe a persoas que experimentan temor e angustia por illamento ou desarraigo social, idade avanzada e discapacidade. De acordo con Nidia Arévalo, "o 82% dos usuarios son mulleres que viven soas".
Como complemento a este servizo ideáronse as axendas de usuario. Estas axendas permiten recordarlle á persoa que goza do servizo que ten que realizar unha actividade, de forma esporádica ou coa periodicidade que se acorde. Deste xeito, pódeselle lembrar a unha persoa que necesita medicación que debe tomar a súa dose diaria.
O obxectivo da iniciativa presentada hoxe é manter os demandantes no seu contorno habitual mentres sexa conveniente e posible, facilitando os servizos e apoios necesarios para axudar á súa integración social e evitar o seu desarraigo.
Descargar todas as imaxes