Escoitar
Bando Festas e Animación Sociocultural

Batalla de Flores 2005

<br />

xoves, 19 mai 2005
Co gallo da "Batalla de Flores 2005" que terá lugar na cidade o sábado día 21 de maio ás 19,00 horas, adoptaránse as seguintes medidas en materia de tráfico e seguridade:

Percorrido do desfile da Batalla de Flores
Avda. de García Barbón (dende Isaac Peral), rúa Policarpo Sanz (ata a Porta do Sol).

Peches de tráfico
Con motivo do percorrido das carrozas que participarán no evento, na avenida de García Barbón (dende Isaac Peral) e na rúa Policarpo Sanz (ata a Porta do Sol) se producirán as seguintes desviacions:
- Os vehículos que chegen ata a rotonda de Isaac Peral, atoparana pechada no acceso a García Barbón-Centro e serán desviados, pola Avda. García Barbón-Sanjurjo Badía; Isaac Peral-Travesía de Vigo; ou por Isaac Peral-Areal., segúndo os diversos destinos. Aos vehículos con destino a Gran Vía procedentes de Teis recoméndaselles a circulación pola avenida de Bos Aires e Travesía de Vigo.
- Os vehículos procedentes de Torrecedeira-Pi i Margall serán desviados no Paseo de Afonso XII cara a Falperra e Venezuela. Recoméndaselles aos vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa A Coruña, praza de América e Gran Vía, para os destinos da Gran Vía e do Calvario.
- Os vehículos procedentes da Falperra, serán desviados no Paseo de Afonso XII cara a Pi i Margall. Aconséllase a aqueles cuxo destino sexa a parte alta da cidade, que continúen dende Avda. das Camelias por Venezuela ao seu destino.
- Os vehículos que circulen procedentes de Bouzas por Beiramar cara ao centro aconséllasellesque se desvien ao chegaren á praza de entrada ao Berbés, pola rúa Gaiteiro Portela, Torrecedeira e Llorente cara Pi i Margall e Falperra. O resto de vehículos que continúen a súa traxectoría cara o centro por Beiramar serán desviados cara á rúa Areal ao chegar o cruce da rúa Serafín Avendaño, pois non se permitirá o acceso a Policarpo Sanz, nin a García Barbón, por ningunha das saídas.
- Os vehículos procedentes da autoestrada con saída Afonso XIII, e os que baixen por esta rúa desviaranse pola rúa Cervantes e Uruguai.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzaíz serán desviados no cruzamento con Vázquez Varela. Aconséllase a utilización da circuvalación de ArquitectoPalacios.
- Aconsellaselles aos vehículos que procedan da praza de España con destino a zona de Beiramar que utilicen a rúa Gran Vía- praza de América e A Coruña para chegar ao seu destino.
- Os vehículos que circulen pola rúa Gran Vía descendente cara a Urzaíz, serán desviados pola rúa María Berdiales, no posible, agás aqueles que se dirixan a autoestrada ou destinos particulares.

Os cortes produciranse nos seguintes puntos :
Isaac Peral con García Barbón;
Rosalía de Castro con Canceleiro e O Porto;
Afonso XIII coa saída da Autoestrada;
Uruguai con República Arxentina;
Cruzamento de Colón con Areal;
Marqués de Valladares con Reconquista e con Colón;
Dr. Cadaval con López de Neira,
Paseo de Afonso XII
María Berdiales-Gran Vía;
Urzáiz-Vázquez Varela

Prohibicións de estacionamento
- Prohíbese estacionar na avenida de García Barbón dende as 12,00 h.

Desvíos das liñas do transporte
- Dende 18h a 19h corte de Isaac Peral ata Serafín Avendaño:
Liñas procedentes de Sanjurjo Badía e Julian Estévez(C3, C5, 10,17) desvío por Areal e Colón. De Colón a Sanjurjo Badía por Serafín Avendaño e Areal.
- Dende 19h ata fin do corte de Isaac Peral ata Porta do Sol:
As liñas procedentes de Sanjurjo Badía e Julian Estévez (C3,C5,10,17) desvíanse polo noo de Isaac Peral a Travesía de Vigo, Pizarro, praza de España, Marqués de Alcedo e Avda. Camelias o Paseo de Alfonso XII e Pi i Margall en cada caso.
- Liñas procedentes de Urzaíz:
Dirección Colón (C4 ABC, C5, C9 AB, 11, C15 BC) por Gran Vía e praza do Rei e Camelias ou Pi i Margall en cada caso.
- Liñas procedentes de praza España:
Cara ao centro (C7,12AB, INV,18) por Marqués de Alcedo e Camelias ou Pi i Margall en cada caso.
- Liñas procedentes de Camelias e Pi i Margall:
Cara o centro (C4 ABC, ,C5,C9AB, 11, 12AB, 17, 20) por praza do Rei, Venezuela, Gran Vía e Urzaíz.
- Liñas procedentes de Beiramar:
Circular Centro por Torrecedeira, Rúa Paz, Pi i Margall e Paseo de Afonso, Venezuela e GranVía.
10, C15 B por Areal, Isaac Peral, García Barbón e Travesía de Vigo respectivamente.

Recomendacións finais
Compre:
- Manter o control sobre os nenos e nenas evitando a súa perda.
- Extremar a vixilancia sobre os nenos e nenas para evitar que se abalancen cerca das carrozas na busca de confeti ou serpentinas.
- Evitar a concentración de público zona de montaxe e organización da comitiva (dende o noo de Isaac Peral ata a rúa Serafin Avendaño).
- Evitar o uso dos vehículos particulares.
- Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos tramos cortados xa que son necesarios corredores de emerxencias para ambulancias e bombeiros
Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da organización.