Escoitar
Anuncio Patrimonio Histórico

Cursos de verán de cestería tradicional

xoves, 19 mai 2005
DESTINATARIOS
Todas aquelas persoas que, relacionadas ou non coa cestería, busquen unha aproximación ás técnicas e pezas da cestería tradicional galega.

SELECCIÓN
As prazas cubriranse por rigorosa orde de entrega da solicitude.
ACCESO
O acceso aos cursos realizarase a través da presentación da solicitude de inscrición, no Servizo de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN
Do 9 ao 31 de maio.

PRESENTACIÓN DOS LISTADOS DE ADMITIDOS
O 6 de xuño.
Os listados de admitidos estarán expostos nas instalacións da Casa do Cesteiro, no Centro de Artesania Tradicional e na web www.vigo.org/artesania.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
O prazo de formalización de matrícula será do 6 ao 17 de xuño. O día do inicio dos cursos deberá presentarse o resgardo que acredite o pagamento da matrícula. O custo da matrícula será de 50 euros para todos os cursos.

Máis información nos teléfonos 986810282 e Centro Artesanía Tradicional 986227424 ou www.vigo.org/artesania