O alumeado de Nadal encederase o 5 de decembro e terá un aforro enerxético do 10,6% respecto a 2007

xoves, 27 nov 2008

Manter a aposta polo aforro enerxético foi o obxectivo da Tenencia de Alcaldía na programación do alumeado de Nadal deste ano, segundo subliñou este xoves o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e Comercio, Santi Domínguez. Así, malia que o encendido do alumeado terá lugar o día 5 de decembro, uns días antes que o ano pasado, conseguirase un aforro enerxético do 10,6 por cento respecto ao ano anterior e do 26,1% respecto ao 2006, reducindo o número de horas de encendido. O tenente de alcalde adiantou que o acto de inauguración terá lugar na Praza da Independencia e haberá actividades de dinamización.

El alumbrado de Navidad se encenderá el 5 de diciembre y tendrá un ahorro energético del 10,6% respeto a 2007

xoves, 27 nov 2008

Mantener la apuesta por el ahorro energético fue el objetivo de la Tenencia de Alcaldía en la programación del alumbrado de Navidad de este año, según subrayó este jueves el teniente de alcalde y concejal de Turismo y Comercio, Santi Domínguez. Así, a pesar de que el encendido del alumbrado tendrá lugar el día 5 de diciembre, unos días antes que el año pasado, se conseguirá un ahorro energético del 10,6 por ciento respeto al año anterior y del 26,1% respeto al 2006, reduciendo el número de horas de encendido. El teniente de alcalde adelantó que el acto de inauguración tendrá lugar en la Plaza de la Independencia y habrá actividades de dinamización.

Santi Domínguez apoia a celebración de "Comercio na rúa" os vindeiros 28 e 29 de novembro nas Travesas

venres, 21 nov 2008

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio do Concello de Vigo, Santi Domínguez, expresou este venres o seu máis firme apoio ao pequeno e mediano comercio da cidade e as iniciativas que desenvolven. Así o subliñou o na presentación da programa "Comercio na rúa", organizado por AETRAVI, que terá lugar na rúa González Sierra os días 28 e 29 de novembro.

Santi Domínguez apoya la celebración de "Comercio en la calle" los próximos 28 y 29 de noviembre en las Traviesas

venres, 21 nov 2008

El teniente de alcalde y concejal de Comercio del Ayuntamiento de Vigo, Santi Domínguez, expresó este viernes el suyo más firme apoyo al pequeño y mediano comercio de la ciudad y las iniciativas que desarrollan. Así lo subrayó en la presentación del programa "Comercio en la calle", organizado por AETRAVI, que tendrá lugar en la calle González Sierra los días 28 y 29 de noviembre.

Santi Domínguez anuncia a constitución da Mesa dos Mercados Municipais e a redacción do Plan Estratéxico

mércores, 19 nov 2008

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio do Concello de Vigo, Santi Domínguez, anunciou este mércores a constitución "de xeito sistemático e periódico" da Mesa dos Mercados Municipais e a inminente redacción do seu respectivo Plan Estratéxico. Así o explicou o concelleiro tras a reunión que mantivo cos xerentes dos sete mercados da cidade, Berbés, Bouzas, Cabral, Calvario, Porgreso, Travesas e Teis, e que cualificou de "moi satisfactoria".

Santi Domínguez anuncia la constitución de la Mesa de los Mercados Municipales y la redacción del Plan Estratégico

mércores, 19 nov 2008

El teniente de alcalde y concejal de Comercio del Ayuntamiento de Vigo, Santi Domínguez, anunció este miércoles la constitución "de manera sistemática y periódico" de la Mesa de los Mercados Municipales y la inminente redacción de su respectivo Plan Estratégico. Así lo explicó el concejal tras la reunión que mantuvo con los gerentes de los siete mercados de la ciudad, Berbés, Bouzas, Cabral, Calvario, Porgreso, Traviesas y Teis, y que calificó de "muy satisfactoria".

O tenente de alcalde inaugura a Festa do Comercio no Casco Vello para dinamizar o barrio histórico da cidade

xoves, 6 nov 2008

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio do Concello de Vigo, Santi Domínguez, inaugurou este xoves unha nova edición da Festa do Comercio que nesta ocasión chega ao Casco Vello co obxectivo de dinamizar o barrio histórico de Vigo. "Seguimos apostando por atraer a veciñanza ao pequeno e mediano comercio para impulsar un sector tan importante na nosa cidade", subliñou Santi Domínguez, quen sinalou que a inciativa responde a unha demanda do propio colectivo.

Santi Domínguez destaca no Salón de Delicatessen o papel dos nosos produtos na promoción de Galiza

martes, 21 out 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou o papel que desempeñan os produtos de calidade na promoción de Galiza no exterior. O nacionalista así o subliñou no acto de inauguración do quinto Salón de Delicatessen e Denominacións de Orixe, que tivo lugar este martes no Instituto Feiral de Vigo e no que están representadas máis de catrocentas marcas, arredor de sesenta expositores directos e unha veintena de denominacións de orixe.

Máis de 70 stands participarán no IFEVI na primeira feira de liquidacións de stocks do comercio vigués<br />

venres, 10 out 2008

O IFEVI acollerá os días 18 e 19 de outubro "Stockaxe", a primeira feira de liquicacións de stocks do comercio vigués, segundo anunciou este venres o tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez. "É unha boa forma de axudar ao comercios nestes momentos de crise, e paliar os efectos dunha temporada de verán regular tirando a mala", salientou o tenente de alcalde na presentación do evento, na que tamén participou a presidenta da Federación do Comercio de Vigo (FECOVI), Encarna Álvarez.

O Concello elaborará un Plan Estratéxico dos Mercados Municipais

mércores, 1 out 2008

O Concello de Vigo porá en marcha o primeiro Plan Estratéxico dos Mercados Municipais, segundo anunciou este mércores o tenente de alcalde, Santi Domínguez no acto de celebración do centenario do mercado do Progreso. No transcurso do acto, no que se descubriu unha placa conmemorativa, tanto a directora xeral para o Comercio, Ana Rúa, como o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, coincidiron en subliñar a importancia deste acontecemento, que amosa a potencialidade de Vigo e o seu pequeno e mediano comercio.