Santi Domínguez inaugura nas Travesas unha nova edición do programa "Comercio na Rúa"
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio do Concello de Vigo, Santi Domínguez, salientou este venres a importancia de levar a cabo "iniciativas imaxinativas que permitan solventar a situación económica actual da mellor forma posible". O concelleiro así o afirmou no acto de inauguración dunha nova edición do programa "Comercio na Rúa", que organiza Tenencia de Alcaldía en colaboración coa asociación de comerciantes AETRAVI.
"O feito de que os comerciantes saian á rúa é moi positivo e demostra que non queremos quedarnos parados e queremos innovar", salientou Santi Domínguez. Asemade, sinalou que o programa "Comercio na Rúa", que se desenvolve hoxe e mañá na rúa González Sierra, é unha "iniciativa incipiente que ten que ir medrando". "Se esta iniciativa é boa para a cidadanía e para o comercio, temos que seguir con ela", asegurou, ao tempo que expresou os seus parabéns a AETRAVI por poñer en marcha unha nova edición do "Comercio na rúa".
O tenente de alcalde indicou que nestes momentos de crise, se poden tomar dúas alternativas: "quedar quietos e esperar por tempos mellores ou saír fornecidos facendo cousas con imaxinación, e nós pensamos que non podemos quedar parados". Na súa intervención, lembrou que o pequeno e mediano comercio vigués crea na cidade arredor de 16.000 postos de traballo, polo que, ao seu xuízo, "temos que facer unha reflexión e decidir onde temos que mercar". Neste sentido sinalou que é preciso mercar no pequeno e mediano comercio vigués porque "os cartos se reinviste na nosa cidade". "Apoiar ao pequeno e mediano comercio é apoiarno a nós mesmos", subliñou.
Dende AETRAVI, pola súa banda, agradeceron a Santi Domínguez o apoio ao comercio da cidade e, nomeadamente, "o apoio para que se poidan desenvolver estas iniciativas na cidade". Na rúa González Sierra haberá estes dous dúas expositores de diversos comercios das Travesas, dende roupa, complementos, doces, deportes, óptica, librería, así como o Gestibérica – Cidade de Vigo de Básket e o pintor Xabier Lemos Godoy. A programación de "Comercio na rúa" inclúe hoxe, ás 19 horas, un sorteo dunha camiseta do equipamento oficial do Gestibérica. Mañá continuarán asemade os sorteos: ás 13.15 horas sortearase un balón de regulamento asinado polos xogadores deste equipo. Ás 18 horas terá lugar o sorteo de entradas para os partidos do Gestibérica que se celebren no pavillón das Travesas, e xa ás 19 horas sortearase unha bicicleta.
Descargar todas as imaxes