Escoitar

O tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura visitan a exposición Encontros Diverxentes

O tenente de alcalde, Santa Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, visitaron este xoves a exposición Encontros Diverxentes, instalada na Casa Galega da Cultura. A mostra reflexa as vivenzas artísticas de 47 alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais da Fundación Igualarte a partir dun autobús urbano. Está integrada por obras creadas nos máis diversos formatos, dende o collage e a técnica mixta ata instalacións e vídeos expositivos.

xoves, 12 mar 2009
1236868597expoencontrosdiver.jpg
Encontros Diverxentes é unha exposición heterodoxa e libre que conduce aos espectadores ás experiencias vividas polos artistas a bordo dun autobús. A mostra percorreu a bordo dun autobús urbano diversas cidades galegas os pasados meses de outubro e novembro co obxectivo de amosar as expresións artísticas do alumnado que integra a Fundación IgualArte, a primeira escola artística de Galicia para persoas con necesidades educativas especiais.
Descargar todas as imaxes