Escoitar

Santi Domínguez anuncia que Vigo está interesada en entrar na Federación Europea de Cidades Napoleónicas

Vigo será o xoves e o venres a capital mundial dos estudos napoleónicos, coa presenza na cidade das máis importantes figuras internacionais na investigación desta época histórica, segundo explicou hoxe o tenente de alcalde, Santi Domínguez, na presentación do Simposio Internacional da Reconquista. O concelleiro estivo acompañado por Charles Napoleón, descendente directo do emperador francés e presidente da Federación Europea de Cidades Napoleónicas, na que Vigo pode entrar a formar parte.

mércores, 11 mar 2009
1236778168visitaexponapoleon.jpg
O tenente de alcalde salientou que o congreso, que se celebrara no Centro Social Caixanova, contará con expertos de universidades como a de Sorbona, de París, ou as de Oxford, Stirling e Liverpool, do Reino Unido. Ademais de Charles Napoléon, entre outros participantes, estárán Michael Broers (Universidade de Oxford); Charles Esdaile (Universidade de Liverpool); Alicia Laspra (Universidade de Oviedo); Nuno Lemos Pires (historiador portugués); Jean René Aymes Universidade da Sorbona-París); Michael Rapport (Universidade de Stirling-Escocia); e Xosé Ramón Barreiro (Universidade de Santiago).

Santi Domínguez quixo agradecer a presenza de Charles Napoléon neste simposio, do que dixo que polo nivel dos ponentes e o interese que está espertando está conseguindo "que Vigo sexa referente internacional en todo o que ten que ver coa historia da Reconquista e da época napoleónica".

Charles Napoleón, pola súa banda, quixo suliñar a importancia que, nesta época de globalización, ten "ter en conta as raíces e o momento histórico no que nos atopamos". Explicou que preside unha rede de 50 cidades vinculados á historia de Napoleónica, pero "non é un vehículo do imperialismo francés en Europa. Temos cidades nas que houbo grandes victorias, pero tamén grandes derrotas. O noso proxecto non é glorificar a figura de Napoléon, senon revalorizar a historia común entre todas estas cidades para ensinarlla á cidadanía. A historia non a podemos negar, está aí e temos que coñecela".

O tenente de alcalde sinalou, a preguntas dos xornalistas, que Vigo está estudando a posibilidade de incorporarse a esta rede. Santi Domínguez dixo que, non só polo que significaría para a posta en valor da nosa historia como cidade, senon tamén porque "a Vigo lle interesea estar en calquera foro que nos permita potenciarnos internacionalmente e proxectar á nosa cidade". O nacionalista incidiu tamén na relación que existe entre Vigo e Francia, afianzada coa presenza da factoría de PSA Peugeot-Citroën.

Respecto as conferencias que se inauguran mañá, o tenente de alcade dixo que estarán abertas ao público e serán de acceso gratuito. Charles Napoleón será o encargado de presentar a primeria ponencia, na que falará da "Guerra de España e as políticas europeas de Napoleón". A primeira xornada, abordará cuestións como "O pobo na guerra da independencia galega", a cargo de Xosé Ramón Barreiro, presidente de la Real Academia Galega; "As guerras Napoleónicas como un choque dos Imperios" de Mike Rapport, Profesor de Historia University of Stirling e "Dende Vigo a Castro Urdiales: a participación británica na guerrilla do norte de España" que desenvolverá Charles Esdaile, profesor de Historia da University of Liverpool.


A segunda xornada, o venres 13 de marzo, contará aspectos da "Guerra en Portugal. Axuda portuguesa na Reconquista de Vigo" a cargo do Coronel Nuno Correia Barrento de Lemos Pires, do Exército de Portugal; "O descubrimento e traslado do arquivo de Martín Garay, Secretario Xeral e de Estado da Xunta Central. E a súa trascendencia histórica" que exporá Nuria Alonso, Doctora en Historia; "A intervención británica: axuda material en Galicia" de Alicia Laspra da Universidad de Oviedo e "Contrainsurgencia e o seu desenvolvemento en Europa" de Michael Broers da University of Oxford. "Algúns aspectos da guerra na Galicia Occidental e Chalot en Vigo, de Jean Rene Aymes da Universidade de La Sorbonne de París pechará este congreso internacional.

Este último, Jean René Aymes, fixo unha investigación concreta da figura de Chalot, exclusivamente para traer ao congreso. Chalot, figura pouco coñecida, foi o gobernador de Vigo durante a ocupación francesa.
Descargar todas as imaxes