Escoitar

Santi Domínguez presenta "Vigo. A cidade das ondas" como a carta de presentación da cidade

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe o libro "Vigo. A cidade das ondas", que definiu como unha carta da presentación da cidade na que se reflexa "todo o que conflúe na súa vida social, cultural, económica e empresarial". Da obra publicaranse dúas edicións diferentes, unha trilingüe (galego, castelán e inglés) e outra bilingüe (castelán e inglés), para a súa posta á venda nas bibliotecas de todo o Estado e o circuito internacional.

martes, 10 mar 2009
1236694040librovigoacidadedasondas.jpg
Na presentación da obra, que tamén contou coa participación do concelleiro de Cultura, Xesus López, e os autores da obra, o xornalista Eduardo Rolland e o fotógrafo Javier Teniente, Santi Domínguez explicou que no marco da celebración do Bicentenario da Reconquista é un "bo momento" para editar unha publicación como "Vigo. A cidade das ondas", que cualificou de "auténtica xoia". Segundo o tenente de alcalde, a obra servirá de "agasallo institucional", pero tamén "formará parte das bibliotecas dos colectivos sociais da cidade".

"Sorprendeume moi gratamente porque poucos libros teño visto coa calidade deste", subliñou, ao tempo que destacou o prestixio da editorial, Lunwerg, e expresou os seus parabéns aos autores. "É un libro do que os viguses e as viguesas podemos estar orgullosos", afirmou.

O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou asemade que cando se cumpren os 200 anos da Reconquista e a celebración do centenario da concesión do título de cidade a Vigo é o "mellor momento" para a publicación dunha obra como "Vigo. A cidade das ondas". "Quixemos escapar da idea dun libro que conxuga láminas e texto descritivo", explicou o edil do BNG, quen fixo fincapé no obxetivo de "aproximarse á verdadeira imaxe da nosa cidade, que reflicta que é unha cidade dinámica e acolledora".

"Quixemos facer un libro de autor", destacou. O concelleiro salientou a este respecto o traballo de Eduardo Rolland e Javier Teniente, "dous autores que coñecen ben a cidade", dado o seu traballo xornalístico en diversos medios de comunicación. "O libro consta de 183 fotografía e conta cunha enorme calidade, tanto respecto ás imaxes como nos textos", segundo dixo. Xesus López explicou, por outra banda, que o libro será distribuído nas librerías a prezo de venda de 39,50 euros.

Os autores, Javier Teniente e Eduardo Rolland, agradeceron ao tenente de alcalde e ao concelleiro de Cultura a posibilidade de participar na creación da obra. En concreto, o fotógrado Javier Teniente lembrou que apredeu o oficio de fotógrafo percorrendo ás rúas viguesas, polo que, tras desempeñar a súa carreira en diversos lugares do mundo "é un orgullo volver a traballar en Vigo nun proxecto como este". Neste sentido puntualizou a "complexidade" que supón "retratar a propia cidade". Explicou que as fotografías queren ser "pinceladas que mostran algúns dos aspectos fundamentais da cidade e que lle dan o seu carácter". Indicou asemade que o traballo fotográfico foi desenvolvido "en pouco menos dun ano, entre outubro do 2007 e setembro do 2008".

Eduardo Rolland, pola súa banda, referiuse ao título da obra, "Vigo. A cidade das ondas", que segundo indicou fai referenza ás ondas do mar de Vigo, das que falaba Martín Codax nas súas cantigas, pero tamén as costas da cidade. "A obra, ademais de agasallo, tamén é interesante para a propia cidadanía viguesa, porque non sempre é doado atopar elementos que nos axuden a confirmar a beleza da nosa cidade", destacou.
1236694040librovigoacidadedasondas.jpg
1236694484ondas.jpg
Descargar todas as imaxes