O martes comezan os traballos de humanización en Faustino Álvarez
Esta rúa será a primeira obra en iniciarse das adxudicadas con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local do Goberno de España, e hoxe luns xa comezan os curtes de tráfico. A segunda humanización do Plan E arrincará o vindeiro luns 16 de marzo na rúa Val Miñor, en Balaídos, segundo avanzou o alcalde tras a aprobación do plan de seguridade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns que será mañá martes cando se inicie a humanización de Faustino Álvarez, a primeira das obras contratadas polo Concello de Vigo con cargo ao Plan E, o Fondo Estatal de Inversión Local do Goberno de España.
O rexedor explicou que hoxe mesmo se inician os curtes de tráfico previos ao inicio das melloras na rúa, localizada no entorno de POVISA na súa máis próxima á Praza de España, entre as rúas Barcelona e San Amaro. A obra foi adxudicada á empresa Eiriña por valor de 175.000 euros e nos traballos, que durarán dous meses, participarán nove empregados.
Val Miñor, a segunda
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada este luns, aprobou o plan de seguridade das obras de humanización do ámbito de Val Miñor, en Balaídos, e o alcalde xa adiantou que a segunda obra do "Plan Zapatero" se iniciará o vindeiro luns, 16 de marzo. O importe da mesma ascende aos 225.000 euros e os traballos se alongarán dous meses empregando a 10 persoas.