O alcalde presenta a páxina web da regata Desafío Atlántico de Grandes Veleros 2009
A regata Desafío Atlántico de Grandes Veleros 2009, que sairá de Vigo o próximo 3 de maio e na que participarán grandes veleros de varios países, presenta a súa páxina web www.desafioatlanticovigo2009.es co obxectivo de informar a todas as persoas interesadas en coñecer os detalles da regata. No acto de presentación participou o alcalde, Abel Caballero e o concelleiro Carlos López Font. A páxina é unha importante ferramenta de traballo xa que a través dela as persoas que o desexen poderán enviar a súa solicitude para ser voluntarios deste Desafío e os barcos poderán inscribirse para participar na regata .
A navegación pola páxina é fácil e dinámica, na que se visualiza na portada todos os menús dos que dispón . A páxina pode consultarse en tres idiomas: galego, español e inglés.
A páxina web inclúe información sobre que é a regata, os detalles da saída, a ruta, seguimiento da flota, participantes e colaboradores.
Outro núcleo informativo refírese a como se pode participar. Desta forma se específica como ha de inscribirse un barco ou como enrolarse. Hai un apartado específico dedicado ao voluntariado, co fin de reclutar a todas aquelas persoas que de forma voluntaria desexen participar na regata para dar acollida a todas as tripulaciones, axudarlles na súa vida cotiá e poder ensinar a cidade.
A páxina irase actualizando coa incorporación de noticias e aspectos importantes da regata. Inclúe tamén unha axenda, así como imaxes e información da cidade e ría.
Servizo de Voluntariado
O Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Voluntariado, e a Federación Galega de Vela, pon en marcha a campaña de captación de voluntarios para prestar axuda durante o transcurso da saída da Tall Ships Race Atlantic Challenge. O Concello de Vigo, como organizador oficial da saída, conta coa colaboración da Federación Galega de Vela, que se encargará da formación dos 100 voluntarios, que son as prazas que a partir de hoxe ofértanse para participar no evento náutico internacional.
O primeiro requisito indispensable é o de ser maior de 18 anos, valorándose entre as solicitudes o coñecemento de idiomas, sobre náutica, de protocolo e da cidade de Vigo. Entre os perfís tamén se terá en conta a posesión de títulos para o manexo de embarcacións, así como do cané de conducir.
Todas aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntarios Regata, deberán porse en contacto coa Federación Galega de Vela, situada no Peirao de Bouzas, s/n en Vigo, ou chamando ao teléfono 986 - 237116. A entidade federativa tamén habilita un correo electrónico, secretariatecnica@fgvela.com ó o número de fax 986 - 200110. Tamén a través da Oficina Municipal de Voluntariado, praza do Rei, teléfono 986-810213; fax: 986-433636 e-mail: ofi.voluntariado@vigo.org. É tamén a través da páxina web.
Descargar todas as imaxes