martes, 3 marzo 2009

O novo xerente de Provigo terá como "gran obxectivo" elaborar o plan estratéxico da cidade

O alcalde presidíu este martes a reunión do Padroado da Fundación que nomeou a José Armesto Pina novo xerente de Provigo. Abel Caballero explicou que os retos principais nesta nova etapa da entidade serán elaborar un novo plan estratéxico para Vigo e retomar o papel de Provigo como "elemento dinamizador do aeroporto", polo que se reactivarán os contactos con aeroliñas para acadar acordos.

Xabier Alonso convida ao público de todas as idades a participar nas propostas de "Deporte é só deporte"

martes, 3 mar 2009

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, convidou este martes a persoas de todas as idades a participar nas propostas que ofrece o programa "Deporte e só deporte", que organiza a Agrupación Deportiva Xogara. Durante a presentación do programa, o concelleiro destacou que practicar deporte "é sinónimo de saúde", polo que animou á cidadanía a participar nalgunha das alternativas que integran a programación, como cachibol, kinball ou fútbol sala.<br /> <br />

Sorteo 2009 Inter Rail

martes, 3 mar 2009

Con motivo da Campaña de Verán 2009, a Concellaría de Xuventude de Vigo, en colaboración con Renfe, procederá un año máis ao sorteo dun billete dobre modalidade GLOBAL PASS, co obxecto de que a mocidade teña a oportunidade de viaxar por Europa e gozar dunha experiencia inolvidable.