Escoitar

O alcalde garante a cooperación municipal no Congreso de Nutrición que reunirá en Vigo a 900 profesionais

O XXIV Congreso Nacional da Sociedade de Nutrición Enteral e Parenteral se celebrará en Vigo do 5 ao 8 de maio e reunirá na cidade a uns 900 profesionais. O alcalde outorgoulle unha "gran importancia" ao evento pola súa repercusión na ocupación hoteleira e no obxectivo municipal de "especializar á cidade" no turismo de congresos, indicou.

martes, 3 mar 2009
1236088886congreso.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este martes á organización do XXIV Congreso Nacional da Sociedade de Nutrición Enteral e Parenteral, que se celebrará en Vigo do 5 ao 8 de maio, para garantirlles a cooperación do Concello no evento.

Segundo indicou o rexedor, uns 900 profesionais chegarán a Vigo por mor do devandito Congreso, ao que Abel Caballero concédelle unha "gran importancia" pois "os hoteis de Vigo se van completar". De feito, tal e como avanzou, a ocupación hoteleira xa comeza "a ser un problema", debido á asistencia ao evento.

Por outra banda, o alcalde explicou que este Congreso axudará ao obxectivo municipal de potenciar o turismo de congresos. "Queremos especializar á cidade", subliñou Abel Caballero referíndose a esta opción turística.

SENPE
A Sociedad Española de Nutrición Parenteral e Enteral (SENPE) é a encargada da celebración en Vigo do XXIV Congreso Nacional, unha entidade multidisciplinar integrada principalmente por sanitarios do campo da nutrición clínica, médicos, farmacéuticos, dietistas e enfermeiras.
Descargar todas as imaxes